Erronkari

Coordenadas: 42°48′27″N 0°57′21″O / 42.80750, -0.95583

Erronkari (tamén oficial en castelán: Roncal) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 90 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 241 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e a súa densidade de poboación é de 6,21 hab/km².

Erronkari
Roncal
Erronkari
Escudo de Roncal.svg
Roncal fronton.jpg
Frontón de Erronkari
Localización
Erronkari en España
Erronkari
Erronkari
Erronkari en Navarra
Erronkari
Erronkari
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaNavarra Navarra
ProvinciaNavarra Navarra
ComarcaRoncal-Salazar
Xeografía
Altitude720 msnm
Superficie38,8 km²
Demografía
Poboación246 habitantes (2014)
Densidade6,34 hab/km²
XentilicioErronkariar
Outros datos
Código postal31415
AlcaldeAlfredo Cabodevilla Munárriz (Urrutea)
Páxina oficial

XeografíaEditar

SituaciónEditar

A localidade de Erronkari está situada na parte Nordés da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita ó norte cos concellos de Uztarroze, Urzainki e Izaba, ó leste co de Garde, ó sur co de Burgi e ó oeste co de Bidankoze.[1]

BarriosEditar

Arana, Castillo, Iriartea, Iriondoa e San Juan.

DemografíaEditar

A evolución da poboación dende 1900 foi inicialmente ascendente até o censo de 1910 que acadou o máximo de 572 habitantes, a partir do cal foi descendendo paseniño. Dende o ano 1900 até o ano 2014 o descenso foi do -5,4%.

CulturaEditar

Nesta localidade viviron os derradeiros falantes do uskara ou roncalés, variedade local do éuscaro.

FestasEditar

As festas patronais de Erronkari celébranse do 14 ó 18 de agosto, na honra da Nosa Señora do Castelo.

GastronomíaEditar

Son típicas as migas do pastor, así como os "calderetes" de cordeiro (guiso de cordeiro con patacas). O produto típico con denominación de orixe é o queixo Roncal.

EconomíaEditar

A economía baséase nunha fábrica de queixo, así coma na gandería e o turismo rural. Asemade, dispón de oficinas bancarias, comercios, biblioteca e un Centro de Interpretación da Natureza, onde se representa a fauna e flora do Val de Roncal, así como se describen as formas de vida.

NotasEditar

  1. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Roncal". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar