Ernst Nordin

escultor, medallista e deseñador de moeda sueco

Ernst Erik Axel Nordin, nado en Selånger, condado de Västernorrland, en 1934, é un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas sueco.

Infotaula de personaErnst Nordin
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1934 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Selånger, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enst Nordin recibiu a súa educación artística na Konstfackskolan (Universidade de Artes, Artesanía e Deseño) e na Academia de Belas Artes, ambas en Estocolmo.[1][2]

Como escultor, modelou varias esculturas públicas instaladas non só en Estocolmo, senón en diversas cidades de todo o país, como Umeå, Trelleborg, Boden, Sundsvall ou Linköping.[3] Unha das súas esculturas públicas máis sobranceiras é Non Serviam (1980), sita na rúa Malmskillnadsgata, Estocolmo.[2] Tamén é salientable a súa colección de retratos para salas.[1]

 
Non Seviam (1980), Estocolmo.

Ademais, foi o creador de decenas de medallas, entre as que destaca a dedicada a Carl Linnaeus (2007). Arredor de 40 medallas foron creadas para institucións como a Academia Sueca de Ciencias, a Universidade de Uppsala, a Real Casa da Moeda de Suecia e o Gabinete Real de Moedas de Suecia.[1]

Nordin foi tamén o creador dunhas 20 moedas da coroa sueca, tanto circulantes como conmemorativas, todas elas emitidas a nome do rei Carlos XVI Gustavo.[4] Tanto nas súas medallas como nas súas moedas, a arte de Nordin exprésase sinaladamente a través dos seus retratos.[1][2][3][5]

En paralelo ao seu labor creativo, Nordin desenvolveu tamén unha longa carreira docente, na Konstfackskolan e na Escola de Arquitectura do Real Instituto de Tecnoloxía, nesta última como profesor titular de Teoría da Forma.[1]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ernst Nordin". Lexikonett amanda. Sveriges Kulturnät.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Bergroth, T. C. (2014).
  3. 3,0 3,1 Voisin, M. A. (2003).
  4. Moedas suecas deseñadas por Ernst Nordin. Numista.com
  5. "Ernst Nordin & kronan". Myntbloggen.se

Véxase tamén editar

Bibliografía editar