Erkin Vohidov, nado en Oltiariq o 28 de decembro de 1936 e finado en Tashkent o 30 de maio de 2016[1], foi un xornalista e escritor uzbeko, poeta nacional da República Socialista Soviética de Uzbekistán en 1987, recibiu en 1999 o título de Heroe de Uzbekistán, o máis alto título honorífico que pode recibir un cidadán de Uzbekistán.

Modelo:BiografíaErkin Vohidov

(2006) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uz) Erkin Vohidov, Эркин Воҳидов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Altyariq District, Uzbekistán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Tashkent, Uzbekistán Editar o valor en Wikidata
EducaciónNational University of Uzbekistan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, político, poeta, tradutor Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia de profesores, seu pai Chuyanboy Vohidov loitou na guerra guerra soviético-alemá contra da Alemaña nazi e os seus aliados e morreu en Tashkent logo de regresar da guerra. Pouco despois finou tamén súa nai, Roziyahon Vohidova e Erkhin foi vivir en 1945 cun tío, Karimboy Sohiboyev en Tashkent e completou alí a súa educación secundaria. Graduouse en 1960 en filoloxía na Universidade Estatal de Tashkent.

Tras rematar os seus estudos, Vohidov traballou entre 1960 a 1963 como editor en Yosh Gvardiya, a sección uzbeka da editora estatal Molodaya Gvardiya. Foi despois editor-xefe (1963-1970) e director (1985-1987) de Gʻafur Gʻulom, outra editorial en Tashkent, e de 1975 a 1982 volveu a Molodaya Gvardiya como editor xefe. Desde 1982 e ata 1985 foi o editor xefe da revista mensual Yoshlik .[2]

Vohidov comezou a escribir poesía durante os seus anos de estudante. Publicou a súa primeira colección de poemas, Tong nafasi, en 1961 e ao longo da súa vida publicou máis de 30 libros de poesía [3]. Moitos artistas uzbekos cantaron os seus poemas, entre as máis famosas están "Inson qasidasi" e "Oʻzbegim" ámbalas dúas cantados por Sherali Joʻrayev. Traduciu a moitos poetas recoñecidos como Aleksandr Tvardovsky, Johann Wolfgang von Goethe, Muhammad Iqbal, Rasul Gamzatov, e Sergei Esenin ao uzbeko. Vohidov escbribiu tamén tres obras de teatro: Oltin devor, Istambul fojeasi e Ikkinchi tumor. En 1990 entrou na vida pública e foi membro da Asemblea Suprema desde 1995 ata 2005 e do Senado de Uzbekistán desde 2005 ata 2010.

  • Tong nafasi  (1961)
  • Qoʻshiqlarim sizga  (1962)
  • Yurak va aql  (1963)
  • Mening yulduzim  (1964)
  • Nido (1965)
  • Lirika (1965)
  • Palatkada yozilgan doston (1967)
  • Yoshlik devoni (1969)
  • Charogʻbon (1970)
  • Quyosh maskani (1972)
  • Dostonlar  (1973)
  • Tirik sayyoralar  (1978)
  • Ruhlar isyoni  (1980)
  • Sharqiy qirgʻoq  (1981)
  • Kelajakka maktub  (1983)
  • Muhabbat  (1984)
  • Hozirgi yoshlar  (1986)
  • Iztirob  (1991)
  • Yaxshidir achchiq haqiqat (1992)
  • Saylanma
    • Birinchi jild: Ishq savdosi  (2000)
    • Ikkinchi jild: Sheʼr dunyosi 
    • Uchinchi jild: Umrim daryosi