Erebia epiphron

especie de insecto

Erebia epiphron

Erebia epiphron, Andorra.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Erebia
Especie: E. epiphron
Knoch, 1783
Sinonimia

Papilio epiphron Knoch, 1783

A Erebia epiphron é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.[1][2][3][4]

Distribución editar

Zonas montañosas de Europa excepto centro e sur de España, Fenoscandia, centro e sur de Grecia e illas mediterráneas. Na Península Ibérica atópase na cordilleira Cantábrica, serra de la Demanda, Serra Cebollera e Pireneos. Ao leste dos Pireneos habita a subespecie fauveaui mentres que no resto atópase a subespecie pyrenaica[5]. Localmente pode ser abundante.[6]

Hábitat editar

Barrancos e pendentes con herba, con abundantes gramíneas de altura moderada. A eiruga aliméntase de Nardus stricta.[5]

Período de voo e hibernación editar

Univoltina, unha xeración ao ano entre xuño e agosto. En España xeralmente, entre xuño e xullo.[5] Hiberna como eiruga dous anos seguidos.[7]

Conservación editar

Considérase extinguida en Irlanda e Ucraína. O número de exemplares da especie está a diminuír.[7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar