Era Vargas

período da historia do Brasil de 1930 a 1945

Era Vargas é un período da historia do Brasil entre 1930 e 1945, cando Getúlio Vargas gobernou Brasil durante 15 anos e de forma continua. Está integrado polo Goberno provisional, o Goberno constitucional e o Estado Novo.[1] Foi unha era de innumerables cambios, tanto sociais como económicos.

Modelo:Xeografía políticaEra Vargas
Estados Unidos do Brasil (pt) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalRío de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porPeríodo Populista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Moedareal brasileiro Editar o valor em Wikidata

A Revolución de 1930 supuxo a fin da Vella República (coa deposición do presidente Washington Luís, a revogación da constitución de 1891, co obxectivo de establecer unha nova orde constitucional; a disolución do Congreso Nacional e a intervención federal nos gobernos dos estados) e sinala o inicio da Era Vargas tras o triunfo da revolución, unha xunta militar provisional cedeu o poder a Vargas, recoñecido como líder do movemento revolucionario.

A Era Vargas componse de tres fases sucesivas: o período do goberno provisional (1930-1934), cando Vargas gobernaba por decreto como xefe do goberno provisional, cargo establecido pola revolución, á espera da aprobación dunha nova constitución para o país, o período da constitución de 1934, cando, tras a aprobación da nova constitución pola Asemblea Constituínte de 1933-1934, Vargas foi elixido pola asemblea en virtude da nova constitución como presidente, xunto a un poder lexislativo elixido democraticamente, e o período do Estado Novo (1937-1945), que comeza cando Vargas impón unha nova constitución, nun golpe de estado autoritario, e dilúe o Congreso, asumindo poderes ditatoriais co obxectivo de perpetuar o seu goberno.

A dimisión de Getúlio Vargas en 1945 e a posterior redemocratización do país, coa adopción dunha nova constitución en 1946, marcan o final da Era Vargas e o inicio do período coñecido como Quarta República Brasileira. Máis tarde, Vargas regresaría á presidencia da República, elixido por voto directo, e gobernaría Brasil durante tres anos e medio: dende o 31 de xaneiro de 1951 ata o 24 de agosto de 1954, cando se suicidou disparándose no corazón no seu cuarto, no Pazo do Catete, na cidade de Río de Xaneiro, entón capital federal.

Notas editar

  1. "Legislaturas Anteriores". senado.gov.br. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 2014.