Equipos Industriales de Manutención S.A.

Equipos Industriales de Manutención S.A. (EINSA) é unha empresa española con sede en Madrid adicada ao deseño e fabricación de equipamento para movemento de avións e helicópteros civís e militares.[1]

EINSA
TipoSociedade anónima
Fundación1979
LocalizaciónAvenida Madrid Nº 54 28802 Alcalá de Henares (Madrid)
FundadorRodríguez Pla
Persoas claveJosé Antonio Fernández (director)
IndustriaEquipamento aeronáutico
Beneficio13,81 millóns en 2005
Número de empregados97
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Equipamento EINSA no HMAS Canberra.
 
EINSA Falcata da BRIPAC.
 
Vehículos Einsa no L61 da Armada Española.
 
Neton

Foi fundada en 1979 para o deseño e fabricación de equipamento para movemento de avións e helicópteros, equipamento para aeroportos e movemento de cargas. A empresa e subministradora de equipamento a empresas aeronáuticas civís e militares. É subministradora de equipamento para as Forzas Armadas de España, Armada dos Estados Unidos de América, Royal Air Force e outros exércitos.

Einsa deseña e fabrica:

  • Posicionadores de aeronaves e helicópteros de roda e de patíns
  • Plataformas aerotransportables de carga
  • Posicionadores de bombas autopropulsados
  • GPU’s.
  • Transportadores de carga
  • Tractores de arrastre
  • Vehículos Tácticos Multipropósito
  • Escaleiras de Pasaxeiros
  • Cinta de equipaxes
  • Cubas de auga

Notas editar