Eparquía católica caldea de Alqux

A eparquía católica caldea de Alqux é unha sé da Igrexa católica caldea en Iraq, inmediatamente suxeita ao patriarcado de Babilonia. No ano 2024 tiña 10.000 bautizados. Dende o 8 de outubro de 2022 está gobernada polo bispo Bulus Zabit Habib.

Modelo:Xeografía políticaEparquía católica caldea de Alqux
Imaxe

Localización
Mapa
 36°42′N 43°06′L / 36.7, 43.1
Poboación
Poboación65.000 (1970) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Creación1960 Editar o valor en Wikidata
Catedralcatedral de San Xurxo de Alqux Editar o valor en Wikidata

Territorio

editar

A eparquía comprende a cidade de Alqux e outras áreas circundantes no norte de Iraq, especialmente na gobernación de Nínive: o distrito de Şêxan, o municipio de Alqux, a parte norte de Tal Kaif, e parte de Mezure. A sede episcopal sitúase na cidade de Alqux, onde se atopa a catedral de San Xurxo, a principal igrexa da eparquía. O territorio está organzizado nunha ducía de parroquias (2023).[1] Na diocese hai presenza da Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, das Dominicanas de Santa Catarina de Siena, e das Irmás Caldeas Fillas de María Inmaculada.[1]

Historia

editar

O Sínodo Patriarcal de xuño de 1960 decidiu a creación da eparquía,[1] que foi estabelecida polo papa Xoán XIII o 24 de outubro de 1960 coa bula Splendida Orientalis, en territorios do patriarcado de Babilonia.[2]

Liturxia

editar

A diocese ten algunhas festividades e conmemoracións específicas: a festa do mosteiro de Rabban Hormisdas, a festa do mosteiro da Nosa Señora das Sementes, a festa do mosteiro de Mar Oraha, e as festas de santo Abdixu, san Mikha e san Qardag.[1]

Estatísticas

editar

Entre 1970 e 1990 os fieis da eparquía eran arredor de 13.000. A partir de entón, a poboación medrou ao longo dos anos até chegar aos máis de 32.000 católicos en 2009.[3] Dende entón, a persecución relixiosa e o éxodo da poboación fixeron baixar os números, até os 6.500 fieis en 2022.

Bispos

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "ابرشية القوش". chaldeanpatriarchate.com (Páxina web oficial do Patriarcado de Bagdad) (en árabe). 5 de setembro de 2023. Consultado o 28/10/2024. 
  2. "Constitutiones apostolicae Babylonensis chaldaeorum (Alcoshensis chaldaeorum) - Detractis territoriis a dioecesi patriarchali Babylonensi Chaldaeorum, nova dioecesis conditur, «Alcoshensis Chaldaeorum» nomine." (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Libreria Editrice Vaticana) LIII: 582–584. 1961. Consultado o 28/10/2024. 
  3. Annuario Pontificio per l'anno 2010 (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2010. ISBN 9788820983550. 
  4. 4,0 4,1 Annuario pontificio. 2007. p. 109. MIKHA POLA Maqdassi, n. in Alquoch 9 mar. 1949; ord. nell'anno 1973; el. 3 dic. 2001; cons. 1 febb. 2002 [...] Vescovo emerito (rin. 3 dic. 2001): S.E.R. Mons. ABDUL-AHAD Sana, n. in Araden, ep. di Amadiyah, 10 dic. 1922; ord. 15 magg. 1947; el. 20 dic. 1960; conf. 24 febb. 1961 [...] 
  5. 5,0 5,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (8 de outubro de 2022). "Dalle Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0748). [...] trasferito S.E. Mikha Pola Maqdassi [...] a Vescovo Ausiliare del Patriarcato di Baghdad dei Caldei. [...] Succede nel governo [...] S.E. Thabet Habib Yousif Al Mekko