Entre nós foi un programa informativo e de entretemento da Televisión de Galicia de emisión diaria e unha hora de duración. Comezou a emitirse o 9 de setembro de 1985 presentado por Xosé Ramón Gayoso, Eva Veiga e Pemón Bouzas.

Entre nós
Duración 60 minutos
Presentado por Pemón Bouzas (1985-1988), Xosé Ramón Gayoso (1985), Eva Veiga (1987-1988), Xosé Manuel Maseda (1988), Moncho Lemos (1988), Magali Fagilde (1988)
Día(s) de emisión luns a venres
Cadea TVG
Día da estrea 9 de setembro de 1985

Na rede
http://25anos.crtvg.es/tvg25/programa/12#12

Desenvolvemento editar

A partir de 1986 forma parte dos Servizos Informativos, modificando o xeito de enfocar as novas e engadiu unha unidade móbil para informar desde o terreo.