Enrique Hervada

médico galego
(Redirección desde «Enrique Hervada García-Sampedro»)

Enrique Hervada García-Sampedro, nado na Coruña en 1883 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1953[1], foi un médico galego.

Enrique Hervada
Enrique Hervada 1920 (cropped).jpg
Nacemento1883
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento4 de abril de 1953
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Xardíns de Méndez Núñez.

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e fixo a licenciatura (1905) e o doutoramento (1906) en Madrid. Foi profesor axudante da Facultade de Medicina de Santiago e ampliou estudos en París. En 1910 abriu consulta na Coruña. Médico moi coñecido, participou nunha sociedade asistencial, e traballou para que a xente sen recursos tivera asistencia. Atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza. Exerceu de profesor da Universidad Popular de La Coruña. Foi membro de varias sociedades científicas e presidente do Círculo de Artesáns. Colaborou en La Calle e publicou máis dun cento de traballos médicos.

RecoñecementosEditar

 
Placa da rúa.

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 4-4-1953, p. 1.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar