Abrir o menú principal
Un Airbus A340 de Lufthansa engalando.
O transbordador espacial Enterprise engala xunto ó avión de transporte da NASA.

En aeronáutica, a engalaxe[1] é a segunda fase e esencial dun voo (a primeira é a rodaxe), que se logra tras realizar a carreira de engalaxe sobre unha pista dun aeroporto ou nunha superficie extensa de auga, coa cal se consegue o efecto aerodinámica da sustentación, que é provocado polo fluxo a unha determinada velocidade do aire sobre as ás.

IntroduciónEditar

Para conseguir unha engalaxe, considéranse tres factores: o do lado terra, o do lado aparello e o do lado aire.

O primeiro, o factor terra, baséase en que se require rodar cara á pista usando as rúas de rodaxe coa autorización e guía do control do tráfico aéreo (Air Traffic Controller, ATC), contar cunha superficie apta para engalar, solicitar ó ATC o permiso de engalaxe e iniciar co factor aparello, no cal inflúen todas as partes do avión; libéranse os freos, mantense o avión centrado na pista, e acelérase, por último, a máxima potencia a planta motriz da aeronave para acadar durante a carreira a velocidade requirida para obter sustentación.

Entón empeza o factor aire: a través de efectos aerodinámicos sobre a á, a fuselaxe e o resto das partes e das superficies de control do avión, alcánzase a sustentación suficiente para levantar a aeronave do chan, para o que se require que as condicións atmosféricas previas sexan convenientes para conseguir unha engalaxe segura.

Por último, mantense a potencia máxima nos motores do aparello, móvense os elevadores ou temóns de profundidade e parte dos flaps, e provócase que se erga o morro e, tras a separación das rodas dos trens de aterraxe do chan, o avión inicie o voo.

A engalaxe considerarase rematado unha vez que os trens de aterraxe queden gardados.

A engalaxe réxese pola lei física de Daniel Bernoulli, contida na ecuación:

 

onde a forza de sustentación, L, é igual ó produto dun medio da densidade do aire, multiplicado polo coeficiente de sustentación da á,CL pola superficie alar, S, e polo cadrado da velocidade de engalaxe, V2.

Deste xeito, se se desexa coñecer a distancia de engalaxe, STO e o tempo de engalaxe, tTO, para o caso de engalaxes en terra, é posible facer unha simplificación da engalaxe realizando os cálculos para tres fases diferentes: rodaxe no chan, transición e ascenso.

 
Diagrama no que se amosan as principais velocidades polas que pasa unha aeronave mentres se atopa realizando a manobra de engalaxe.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para engalaxe.