Sustentación
A sustentación é a forza xerada sobre un corpo que se despraza a través dun fluído, de dirección perpendicular á da velocidade da corrente incidente.
Como con outras forzas aerodinámicas, na práctica empréganse coeficientes adimensionais que representan a efectividade da forma dun corpo para produciren sustentación e úsanse para facilitaren os cálculos e os deseños.
O modelo matemático da forza de sustentación é:
onde:
- L é a forza de sustentación en N.
- é a densidade do fluído, en kg/m3.
- é a velocidade, en m/s.
- é a área de referencia do corpo,m2.
- é o coeficiente de sustentación. Como o resto de coeficientes aerodinámicos, é adimensional. Este coeficiente áchase experimentalmente de acordo a:
Na aeronáutica
editarEn aeronáutica é a principal forza que permite que unha aeronave con ás se manteña en voo. Esta, ao ser maior có peso total da aeronave, permítelle engalar.
Para a sustentación emprégase a notación , do termo inglés lift, e para o coeficiente de sustentación, o cal sempre se busca sexa o maior posible.
Ademais, a sustentación, e en consecuencia, o seu coeficiente, dependen directamente do ángulo de ataque, aumentando segundo aumenta este até chegar a un punto máximo, despois do cal o fluxo de aire que pasa sobre o extradorso (parte superior da á), non logra percorrer na súa totalidade e manterse adherido ao perfil aerodinámico, dando lugar á entrada en perda (stall, en inglés).
No automobilismo
editarPara a sustentación utilízase a notación , e para o coeficiente de sustentación, xa que esta forza actúa paralelamente ao eixo OZ do triedro de referencia que se asocia ao vehículo.
Para poder comparar directamente a sustentación que producen dous vehículos nas mesmas condicións, utilízase o coeficiente , exactamente polos mesmos motivos que no caso da resistencia aerodinámica.
Nos vehículos de rúa non se adoita ter en conta nin aproveitar a sustentación e mesmo pode haber un pequeno coeficiente positivo.
..
En moitos tipos de vehículos de competición, como poden ser os da Fórmula 1, ocorre todo o contrario, buscándose que sexa negativo; é dicir, que o vehículo sexa empuxado cara ao chan, co obxectivo de obter un mellor agarre ou apoio aerodinámico, mediante superficies como aleróns ou o aproveitamento do fondo plano.
Ademais, nalgúns destes vehículos, dependendo entre outras cousas da distribución de masas e do tipo de tracción, búscanse apoios aerodinámicos diferentes para cada eixo, polo que pode haber un coeficiente diferente asociado a cada un deles.