Enerxía térmica
Denomínase enerxía térmica a enerxía liberada en forma de calor. Este tipo de enerxía pódese obter de moi diferentes maneiras, entre as que destacan:
- Obtención da propia natureza (enerxía xeotérmica).
- Mediante a combustión dalgún combustible fósil, (petróleo, gas natural ou carbón).
- Mediante enerxía eléctrica por efecto Joule.
- Por rozamento.
- Por un proceso de fisión nuclear.
- Como residuo doutros procesos mecánicos ou químicos.
Esta enerxía térmica pódese utilizar, nun motor térmico; no caso da enerxía nuclear para a xeración de enerxía eléctrica, na combustión, ademais, para obter traballo, como nos motores dos automóbiles ou dos avións. As instalacións empregadas para conseguir este tipo de enerxía chámanse centrais termoeléctricas, que fan que a partir de enerxía liberada en forma de calor se xere enerxía eléctrica.
O gran problema deste tipo de enerxía e das centrais, é que a emisión de residuos á atmosfera e os procesos de combustión que se producen, teñen unha grande incidencia ambiental.[Cómpre referencia] Para tratar de paliar, na medida do posible, os danos que estas plantas provocan no contorno natural, se incorporan ás instalacións diversos elementos e sistemas.
A contaminación é máxima no caso das centrais termoeléctricas convencionais, que utilizan como combustible o carbón. A combustión libera CO2 e outros gases contaminantes. Tamén a tecnoloxía actual en centrais nucleares dá lugar a residuos radioactivos que deben ser controlados.
Ademais, deben terse en conta a utilización de terreos das plantas xeradoras de enerxía e os riscos de contaminación por accidentes no uso dos materiais implicados, como os derramamentos de petróleo ou de produtos petroquímicos derivados.
Emisións
editarUnha central térmica emite aproximadamente:
- Combustible / misión de CO2 kg/kWh
- Gas natural / 0,44
- Fuelóleo / 0,71
- Biomasa (0,82
- Carbón / 1,45