Encyclopédie anarchiste

A Encyclopédie anarchiste (en galego Enciclopedia anarquista), é o nome dunha enciclopedia de tendencia anarquista, iniciada por Sébastien Faure entre 1925 e 1934, e publicada en 4 volumes. Existe tamén unha tradución ao castelán, con contido ampliado, publicada polo grupo Tierra y Libertad de México en dous volumes (nos anos 1972 e 1984 respectivamente) baixo o título de Enciclopedia anarquista.

Encyclopédie anarchiste
Autor/aSébastien Faure
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)enciclopedia
Data de pub.século XX
editar datos en Wikidata ]

O proxecto inicial estaba formado por cinco partes:

  1. Un dicionario anarquista.
  2. A historia do pensamento e da acción anarquistas.
  3. As biografías de militantes e pensadores.
  4. As biografías de individualidades que contribuíron á obra da emancipación humana.
  5. Un catálogo de libros e revistas anarquistas.

Só a primeira parte, en catro volumes, cun total de 2.893 páxinas, chegou a ser publicada, en 1934. Tivo centos de colaboradores.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar