Encoro de Doiras
Coordenadas: 43°23′14″N 6°49′26″O / 43.38722222, -6.82388889
O encoro de Doiras é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1934 e ten unha capacidade de 114,6 hm³[1]. Constitúe o segundo encoro construído no Navia, augas arriba do de Arbón e augas abaixo do de Salime e estruturalmente é un encoro de gravidade con 89 metros de altura, localízase na parroquia de Doiras no concello de Boal. A superficie do encoro, de 450 ha[2] esténdese tamén polos concellos de Eilao e Pezós. Aproveitase, fundamentalmente, para enerxía hidroeléctrica ao alimentar as centrais de Doiras e Silvón, cunha produción anual media de 324 GWh.
Encoro de Doiras | |
---|---|
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | España |
División | Asturias |
Localización xeográfica | |
Continente | Europa |
Cunca | Río Navia |
Características | |
Superficie | 450 hectáreas |
Capacidade | 114,6 hm³ |
Outros datos | |
Comunidade autónoma | Principado de Asturias |
Concellos | Boal, Eilao e Pezós, |
Tipo e uso | pantano artificial central hidroeléctrica |
Os ríos Augüeira e Ourubio flúen ao Navia no encoro de Doiras.
Central hidroeléctrica de Doiras
editarA central de Doiras atópase nas proximidades da presa do encoro de Doiras. Conta con tres grupos xeradores, dous de 21MW e un de 18 MW, que entraron en explotación comercial no ano 1944. Pertencía á empresa Viesgo ata que a mercou Repsol en 2018[3] e evacua a súa enerxía a través dunha rede de 132 kV.
Central hidroeléctrica de Silvón
editarA central de Silvón atópase tamén nas proximidades do encoro de Doiras. Conta con dous grupos xeradores, Silvón I e Silvón II, de 40 MW cada un, que entraron en explotación comercial en 1959 e 1964, respectivamente. Pertenceu á empresa Viesgo ata a súa merca por Repsol en 2018.
Notas
editar- ↑ "Ficha de presa: Doiras". Geo Portal.
- ↑ "Embalse:Doiras". SNCZI-IPE.
- ↑ "Repsol, segunda mayor eléctrica en Asturias tras culminar la compra de activos a Viesgo". La Nueva España. 3 de novembro de 2018.