Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Festa folclórica galega

Os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro son unha festa folclórica galega, que se celebra anualmente no Mosteiro de Carboeiro, durante a primeira fin de semana de xuño.

Encontros de Música Tradicional de Carboeiro
Datos da festa
LugarMosteiro de Carboeiro
Comezo2000
Data1ª fin de semana de xuño
Na rede
Facebook: SantaFerrenha Twitter: SantaFerrenha Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En 2003 tres asociacións culturais do concello de Silleda (Adellis, Dame Lume e Asociación Xuvenil Os Ultreias) uníronse para organizar unha reunión de músicos tradicionais na contorna do mosteiro de Carboeiro. Para tal finalidade crearon a Asociación Intercultural dos encontros de musica tradicional de Carboeiro, unha asociación cultural que "formalizou" unhas xuntanzas que xa se iniciaran, se ben dun xeito máis informal, no ano 2000. A filosofía da festa é reproducir as antigas foliadas tradicionais ás que asistían os mozos das parroquias limítrofes.

Os Encontros de Carboeiro celébranse durante dous días. Comezan o sábado arredor das 12 da maña cunha xuntanza de todos os gaiteiros no patio do mosteiro. Os músicos amenizan a seguir un xantar popular nas campas de Carboeiro. Pola tarde e noite sucédense as actuacións de músicos, contacontos, cantares de cego, representacións teatrais ao tempo que teñen lugar exposicións e representacións teatrais. Pola noite ten lugar un concerto no interior do mosteiro, e no día seguinte, o domingo, sácase en procesión á Santa Ferreña, a patroa dos encontros.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar