Empros é o cuarto álbum da banda estadounidense de rock instrumental Russian Circles, publicado o 25 de outubro de 2011 a través do selo Sargent House. Este é o primeiro traballo do grupo editado unicamente por Sargent House. Para os seus tres primeiros discos esta etiqueta lanzara edicións limitadas en vinilo, mentres que as versións en CD e dixital foran publicadas por Suicide Squeeze Records ou Flameshovel Records.

Empros
Álbum de Russian Circles
Publicado25 de outubro de 2011
Gravaciónabril de 2011
Estudio(s)Phantom Manor en Chicago, Illinois
Duración41:05
Xénero(s)post-metal
Selo(s)Sargent House
Producido porBrandon Curtis
Cronoloxía
Geneva Empros Memorial

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "309"   8:50
2. "Mládek"   7:40
3. "Schiphol"   6:16
4. "Atackla"   7:27
5. "Batu"   6:17
6. "Praise Be Man"   4:35
41:05