Emma Hosken
Emma Hosken, tamén coñecida como Emma Hosken Woodward, nada en Penryn (Cornualla) o 11 de agosto de 1845 e finada o 16 de xullo de 1884, foi unha escritora británica da época vitoriana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1845 Penryn |
Morte | 16 de xullo de 1884 (38 anos) |
Lugar de sepultura | Cemitério de Brookwood (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | novelista , escritora |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Bernard Barham Woodward |
Traxectoria
editarFilla de Richard Hosken e Emily (nada Nettle). Casou cun seu curmán distante, o reverendo Thomas Butterfill Hosken, reitor da igrexa de Llandefaelog Fach, en Gales, e tiveron un fillo e dúas fillas. O fillo e o seu marido morreron de difteria en 1869 e 1870, e Emma Hosken e as súas fillas regresaron a Penryn para vivir coa nai dela.[1]
Escribiu dúas novelas, que publicou de forma anónima, Married for Money (1875) e Bitter to Sweet End (1877). En 1881 estaba hospedada na residencia das Irmás da Caridade en Holborn.[2] En 1882 casou con Bernard Barham Woodward (1854–1930), bibliotecario do Museo de Historia Natural de Londres. Woodward publicou a terceira novela de Emma Hosken logo de que ela morrese. En 1885 apareceu Men, Women, and Progress (1885), un texto político que defende a necesidade de moitas reformas necesarias a prol dos dereitos da muller.[1]
Está enterrada a carón de Bernard Barham Woodward e a segunda esposa deste no cemiterio de Brookwood (Surrey).
Obra
editar- Married for Money (1875)
- Bitter to Sweet End: A Novel (1877; 3 volumes)
- Men, Women, and Progress (1885)