Emma Castelnuovo, nada en Roma o 12 de decembro de 1913 e finada na mesma cidade o 13 de abril de 2014, foi unha profesora e matemática italiana,[1] destacada polo seu traballo innovador no enfoque didáctico desa disciplina, especialmente da xeometría euclidiana.[2]

Modelo:BiografíaEmma Castelnuovo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 2014 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza (–1936) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestra, matemática Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLiceo Torquato Tasso (en) Traducir (1945–1979) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGuido Castelnuovo Editar o valor en Wikidata
ParentesFederigo Enriques, tío Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1218879

En 2013, ano en que cumpriu cen anos, a Comisión Internacional para o Ensino das Matemáticas creou un premio co seu nome para recoñecer as súas destacadas contribucións á educación matemática.[3]

Traxectoria

editar

Castelnuovo naceu en Roma en 1913, filla do xeómetra Guido Castelnuovo e de Elbina Enriques. Tanto o irmán desta, Federigo Enriques como o seu pai tiveron unha grande influencia na carreira profesional de Emma.

Estudou matemáticas no Instituto Matemático da Universidade de Roma "La Sapienza", na que se licenciou en 1936, cun estudo sobre xeometría alxébrica.[4]

Traballou como bibliotecaria no mesmo instituto en que se graduou enter 1936 e 1938. Ese ano gañou unha cátedra para ensinar no nivel secundario, mais foi destituída polas leis contra os xudeus do goberno de Mussolini, de xeito que cando estalou a guerra en 1939 traballaba na Escola Israelita de Roma, organizada nese período. En 1943 a familia Castelnuovo escapou e refuxiouse en casas de amigos, hospitais e institucións relixiosas onde facía de profesora de forma clandestina.[4]

En 1944, ao finalizar a guerra, obtivo a súa cátedra nunha escola estatal de ensino secundario de primeiro ciclo e comezou a traballar no Instituto Tasso de Roma. Ese mesmo ano organizou un ciclo de conferencias sobre o ensino das matemáticas. Permaneceu na institución ata a súa xubilación en 1979, pois decidiu dedicarse a ese nivel de ensino.

Didáctica

editar

A súa métodoloxía promove a participación activa na construción do coñecemento como condición para a verdadeira aprendizaxe.[5]

En 1951 foi nomeada membro da Comisión Internacional para o Estudo e a Mellora do Ensino das Matemáticas (CIEAEM), creada co obxectivo de estudar as condicións do ensino das matemáticas e analizar modificacións para a súa mellora. Alí coñeceu e traballou con Piaget, Caleb Gattegno, Puig Adam e outros matemáticos.

Mantivo relación coa escola Decroly e co matemático Paul Libois da Universidade Libre de Bruxelas, que orientaron a súa idea do ensino coas súas discusións e exposicións, relacionando a tendencia psicopedagóxica de Decroly e o carácter antiformalista, dinámico e unificado de Federigo Enriques.[4]

Nas décadas de 1970 e 1980 participou nun programa formar profesores de Níxer, onde viaxou en tres ocasións, convencida de que as matemáticas son "unha parte integrante da emancipación humana", preocupada polas desigualdades sociais e o medio natural, no momento que comezaba a espertar o interese por estes asuntos.

  • Gattegno, C., Servais, W., Castelnuovo, E., Nicolet, J. L., Fletcher, T. J., Motard, L., Campedelli, L., Biguenet, A., Peskett, J. W., & Puig Adam, P. (1958). Le matériel pour l’enseignement des mathématiques. Neuchâtel: Delachaux & Niestlé.
  • Castelnuovo E. (1963). La Didattica della Matematica. Florencia: La Nuova Italia.
  • Castelnuovo E. (1970). Didáctica de la Matemática moderna. México: Trillas
  • Castelnuovo E. (1972). Documenti di un’esposizione matematica. Turín: Boringhieri.
  • Castelnuovo E., Barra M. (1976). Matematica nella realtà. Turín : Boringhieri.
  • Castelnuovo E., Barra M. (1980). La mathématique dans la réalité. París: CEDIC.
  • Castelnuovo E. (1993). Pentole, ombre, formiche. In viaggio con la matematica. Scandicci (Florencia): La Nuova Italia.
  • Castelnuovo E. (2008). L’officina matematica. Bari: La Meridiana
  1. Orlando, Lucia (14 de abril de 2014). "Emma Castelnuovo, la matematica per antonomasia" (en italiano). europaquotidiano. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  2. "L'officina matematica". Universidad Bocconi. 
  3. "Emma Castelnuovo Award". International Commission on Mathematical Instruction. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Emma Castelnuovo". Sociedad Madrileña de Profesores de Matemática SMPM. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de xaneiro de 2019. 
  5. "La centenaria que revolucionó la enseñanza de las matemáticas". El Mundo. 31 de marzo de 14. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar