Emilio León
Emilio José León Suárez, nado en Xixón o 4 de novembro de 1977, máis coñecido como Emilio León, é un profesor e político asturiano. Participou nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias en 2015 representando a Podemos Asturias.
Emilio León | |
16 de xuño de 2015 – 24 de xuño de 2019 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 4 de novembro de 1977, Xixón (España) |
Partido | Podemos |
Profesión | Político, sociólogo e educador social. |
Alma máter | Universidade de Oviedo |
Na rede
| |
Traxectoria editar
Vida persoal editar
Foi profesor de materias científicas, así como de cursos de historia contemporánea e socioloxía na Universidade de Oviedo. É licenciado en física. Traballou como educador en centros de acollida de menores inmigrantes de Oviedo e como animador social e limpador nun xeriátrico de "La Rochelle".
Carreira política editar
Foi candidato autonómico de Podemos Asturias nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015, e foi deputado autonómico na Xunta Xeral do Principado de Asturias. Tamén foi vicepresidente da “Comisión de Investigación de Caso Enredadera”.
Colaborou con Andecha Astur presentándose ás eleccións municipais de 1999 en Corvera e de 2007 en Llanes.[1]
En xullo de 2018, dimitiu como voceiro de Podemos Asturias na Xunta Xeral por discrepancias ideolóxicas co partido.[2]
Notas editar
- ↑ "Emilio León fue en las listas de Andecha en las elecciones locales". elcomercio.es. 6 de maio de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "La dimisión de Emilio León como portavoz evidencia discrepancias con la dirección de Podemos". elcomercio.es. 26 de xullo de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2021.