Emilio García Bengoechea
remeiro galego
Emilio García Bengoechea, nado en Vigo o 24 de novembro de 1938, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma, na proba de catro con temoneiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1938 (85 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Altura | 186 cm |
Peso | 83 kg |
Actividade | |
Ocupación | remeiro |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | Remo |
Participou en | |
1960 | rowing at the 1960 Summer Olympics – men's coxed four (en) |
Traxectoria editar
Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[2] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[3]
Notas editar
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ Cobas, Franco. "Nos ha dejado José Luis Méndez… uno de los pilares de cuando el Náutico de Vigo fue España" (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Proba de catro con temoneiro dos Xogos Olímpicos de 1960". olympedia.org (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2021.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinalArquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en inglés).
- Datos do remeiro Arquivado 05 de agosto de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo (en inglés).