Emilio Estefan, nado en Santiago de Cuba o 4 de marzo de 1953, é un músico e produtor cubano de ascendencia libanesa, galega e siria radicado nos Estados Unidos, gañador de 19 premios Grammy e cofundador do grupo musical Miami Sound Machine xunto á súa esposa, Gloria Estefan.

Emilio Estefan
Gloria Estefan and Emilio Estefan at 2014 MIFF edited.jpg
Nacemento4 de marzo de 1953
 A Habana
NacionalidadeCuba
Ocupaciónmúsico e Produción musical
CónxuxeGloria Estefan
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade, Gershwin Prize, Personalidade do Ano Da Academia Latina da Gravação, Billboard Latin Music Lifetime Achievement Award, Lo Nuestro Excellence Award, Lo Nuestro Excellence Award, Premio Grammy Latino de Produtor do Ano e Latin Songwriters Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo de deixar a súa Cuba natal co seu pai e recalar certo tempo en España, en 1968 mudáronse a Miami, nos Estados Unidos, onde ó comezo tivo que compartir un apartamento con quince membros da súa familia. Gañaba a vida facendo encargos ós seus veciños empregando un coche usado. Estefan logo comezou a traballar en concursos de beleza locais e en Bacardí, onde foi contratado para o departamento de correspondencia para despois promovelo ó departamento de mercadotecnia para Latinoamérica.

Con todo, as verdadeiras paixóns de Estefan sempre estiveron relacionadas coa música. Formou un grupo denominado "Miami Latin Boys". O grupo tivo éxito e empezou a recibir contratos para tocar en diversos eventos privados e en festas na zona de Miami. Nun dos eventos, Emilio coñeceu a Gloria Estefan, nese entón Gloria Fajardo, a quen ofreceu integrarse no grupo, renombrado como "Miami Sound Machine". O ingreso definitivo de Gloria na banda, na cal Emilio tocaba o acordeón, tivo lugar en 1977.

Véxas taménEditar

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar