Emilio Carlos García Fernández
cineasta galego
Emilio Carlos García Fernández, nado en Ribadavia o 21 de abril de 1953, é un cineasta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1953 (71 anos) Ribadavia, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | historiador do cinema |
Traxectoria
editarComezou a súa relación co cine no sector da exhibición, pois os seus pais tiñan un cine en Ribadavia. Doutor en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma universidade. Realizou unha serie de proxectos creativos como Ribadavia unha historia de pedra (1980) e Laxeiro en Madrid (1980). Colaborou na prensa diaria e en revistas especializadas en temas audiovisuais. Dirixiu a edición española da Historia Universal del Cine.
Obras
editar- Historia del cine en Galicia (1896-1984), 1985.
- Historia ilustrada del cine español, 1985.
- El cine español: una propuesta didáctica, 1992.
- El cine español contemporáneo, 1992.
- Dicionario filmográfico de Galicia, 1993.
- Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía, 1995.
Obras colectivas
editar- Medios de Comunicación en España. Periodismo, Imagen y Publicidad, 1990.
- Historia do cine en Galicia, 1996.
- Enciclopedia del Cine español (en CD-ROM), 1996.
- Dicionario del cine español, 1997.
- Historia general del cine, 1997.
- Historia general de la imagen, 2000.
- Guía Histórica del cine 1895-2001, 2002.