Emilio Álvarez Martínez

sacerdote e xornalista galego

Emilio Álvarez Martínez, coñecido como Reisiño, nado en Vigo o 8 de decembro de 1884[1] e finado en Vigo o 27 de abril de 1954,[2] foi un sacerdote e xornalista galego.

Emilio Álvarez Martínez
Emilio Álvarez Martínez 1931.jpg
Nacemento8 de decembro de 1884
Lugar de nacementoVigo
Falecemento27 de abril de 1954
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Teoloxía (1913) e doutor en Teoloxía. Foi coadxutor da parroquia de Santiago o Maior de Vigo, capelán do Asilo de Ancianos Desamparados, coadxutor e ecónomo de San Francisco, párroco de San Paio de Ventosela e capelán do Colexio dos Irmáns Maristas de Vigo. Foi inspector de Beneficencia do concello de Vigo. Foi o fundador da Agrupación Martín Codax e o impulsor e logo director da súa revista Martín Codax. Foi fundador da Cofraría penitencial de Nuestro Padre Jesús del Silencio. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dirixiu unha escuadra de falanxistas encargada da represión en toda a comarca. Impulsou a creación dunha gran basílica en Vigo a finais dos anos corenta, proxecto que non chegou a realizarse. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Vigo aos 69 anos.

RecoñecementosEditar

  • Cabaleiro da Orde Civil de Beneficencia.
  • Prelado doméstico da Súa Santidade.

NotasEditar

  1. Couceiro Freijomil, A. (1951). "ÁLVAREZ MARTÍNEZ, Emilio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 48. 
  2. El Pueblo Gallego, 28-4-1954, p. 3, 5..

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar