Emblema de Indonesia

O emblema de Indonesia foi adoptado o 11 de febreiro de 1950.

Emblema de Indonesia
Detalles
Armiger República de Indonesia
Adoptado11 de febreiro de 1950
EscudoO escudo representa a Pancasila, ideoloxía nacional
AlicerceGarudá en ouro
DivisaBhinneka Tunggal Ika

Descrición editar

Consiste nunha aguia coas ás estendidas, de ouro, chamada "Garudá", unha figura que aparece en numerosos templos antigos do país, datando algúns deles do século VI. Esta figura tamén forma parte do escudo de Tailandia. A aguia é o símbolo da grandeza e a enerxía de Indonesia. Sobre o seu peito figura un brasón cuarteado e sostén nas súas garras unha cinta coa lema nacional: "Bhinneka Tunggal Ika" (do xavanés: Unidade na diversidade), que se remonta ao século XV e atribúese a Tantular, un santo do reino de Majapahit.

O escudo propiamente dito é acuartelado, no primeiro cuartel de goles, unha cabeza de sabre de Banteng, un touro salvaxe (dos javanicus), símbolo da democracia e a sabedoría dos representantes da nación. No segundo cuartel, de prata, unha figura da árbore banyan ou "Beringin", que representa a unidade do país. No terceiro cuartel, tamén de prata, dúas espigas de arroz e algodón, de prata e goles respectivamente, que aluden ao desexo de xustiza social para todo o pobo. No último cuartel, de goles, unha cadea con elos en forma de aros e cadrados que simbolizan as futuras xeracións humanas: os aros representan ás mulleres e os cadrados aos homes. Sobre o conxunto engádese, nun escusón negro, unha estrela dourada de cinco puntas, que simboliza a crenza nun deus supremo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar