Emblema de Guatemala
O emblema de Guatemala é un dos símbolos nacionais do país. Foi creado polo Decreto Executivo No. 33 do 18 de novembro de 1871, sendo presidente da República o xeneral Miguel García Granados.
Emblema de Guatemala | |
---|---|
Emblema de Guatemala (fóra da bandeira) menor | |
Detalles | |
Armiger | Guatemala |
Adoptado | 18 de novembro de 1871 |
Crista | Pharomachrus mocinno |
Torso | Coroa de loureiro |
Divisa | Libertad 15 de septiembre de 1821 (Liberdade 15 de setembro de 1821) |
Componse pola ave nacional de Guatemala, o Pharomachrus mocinno, símbolo da liberdade; un pergameo coa data na que América Central se independizou de España, o 15 de setembro de 1821; dous rifles Remington cruzados con cadansúa baioneta, que indican a vontade de defender os intereses de Guatemala por medio da forza se fose necesario; dúas espadas cruzadas, que simbolizan a honra; e unha coroa de loureiro que simboliza a vitoria e a paz preferida sobre a guerra.
Escudos históricos
editar-
Escudo das Provincias Unidas de América Central (1823-1824).
-
Escudo da República Federal de América Central (1824-1839).
-
Escudo do Estado de Guatemala na Federación (1825-1843).
-
Escudo do Estado de Guatemala (1843-1851).
-
Escudo da República de Guatemala (1851-1858).
-
Escudo da República de Guatemala (1858-1871).