Emanuel Insúa

futbolista arxentino

Emanuel Mariano Insúa Zapata, nado o 10 de abril de 1991 en Buenos Aires, é un futbolista arxentino que xoga como lateral esquerdo no Vélez Sársfield da Primeira División arxentina. É irmán do tamén futbolista Emiliano Insúa.

Emanuel Insúa
Información persoal
Nome Emanuel Mariano Insúa Zapata
Nacemento 10 de abril de 1991
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,81 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Vélez Sársfield
Carreira xuvenil
2004–2012 Boca Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2015 Boca Juniors 38 (2)
2012–2013 Godoy Cruz 14 (0)
2015 Granada 12 (0)
2015–2017 Udinese 0 (0)
2016 Newell's Old Boys 15 (2)
2016–2017 Racing Club 20 (0)
2017–2020 Panathinaikos 60 (4)
2020–2021 AEK Atenas 13 (0)
2022– Vélez Sársfield 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de xaneiro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Buenos Aires, sendo neto de emigrantes galegos, procedentes do concello de Carral e do lugar de Vilarbetote, no concello lucense de Trabada.[1]

Formouse nas categorías inferiores do Boca Juniors, subindo ao primeiro equipo en xullo de 2011 para facer a pretemporada co club no Brasil. O 25 de abril de 2012 debutou oficialmente co primeiro equipo ante o Olimpo de Bahía Blanca, nun encontro correspondente á Copa Arxentina, no que o Boca Juniors gañou nos penaltis tras igualar 1 a 1. Con Julio César Falcioni como adestrador, Boca acabou gañando a Copa en agosto dese mesmo ano. Na tempada seguinte, para gañar experiencia e minutos de xogo, foi cedido ao Godoy Cruz de Mendoza, onde tivo grandes actuacións e consolidouse na titularidade. En total, xogou 34 partidos e marcou un gol.

No seu regreso ao Boca Juniors para a tempada 2012/13, consolidouse como titular. Porén, poucos días despois de marcar o seu primeiro gol, sufriu unha espondilose lumbar que o deixou fóra de competición durante 75 días. Volveu ao once inicial o 1 de decembro ante o Lanús na xornada 18 do Torneo Inicial 2014. Comezou o Torneo Final 2014 por detrás do xuvenil Nahuel Zárate, ao que lle quitou rapidamente a titularidade, converténdose de novo no principal lateral esquerdo do equipo.

Trala marcha de Carlos Bianchi, o novo adestrador, Rodolfo Arruabarrena, decidiu colocar a Nicolás Colazo na posición de lateral esquerdo, relegando a Insúa ao banco de suplentes. En total, xogou 15 partidos e marcou un gol ese semestre. A principios de 2015, tendo en conta que o club buscaba un lateral esquerdo, Insúa aceptou abandonar o club e emigrar ao fútbol europeo.

Fichou en xaneiro de 2015 polo Granada CF,[2] co que debutou na Primeira División de España na xornada 20 da tempada 2014/15, fronte o Deportivo da Coruña en Riazor.[3] Sen sitio no equipo para a tempada seguinte, foi traspasado ao Udinese italiano, a cambio de 2,5 millóns de euros.[4] Xogou só un partido da Copa Italia antes de marchar cedido en xaneiro ao Newell's Old Boys,[5] co que disputou 15 partidos da Primeira División Arxentina, marcando dous goles. En xullo de 2016, volveu saír cedido, desta vez ao Racing Club, onde disputou 20 partidos de liga e un da Copa Suramericana fronte ao Águilas Doradas. Ao final da tempada, regresou a Europa e en agosto de 2017 asinou por tres tempadas co Panathinaikos FC.[6]

En 2020, tras tres tempadas no Panathinaikos, fichou polo AEK de Atenas,[7] co que debutou na Europa League nun partido contra o Leicester.[8] Disputou un total de 19 partidos co club grego. En febreiro de 2021 foi cedido ao Aldovisi arxentino, e asinou contrato xunto co seu irmán Emiliano, coincidindo por primeira vez ambos no mesmo equipo.[9][10] Xogou un total de 28 partidos co club adestrado por Fernando Gago, e en xaneiro de 2022 fichou por Vélez Sársfield.[11]

Notas editar

  1. Barreiros, Pedro J. (31 de xullo de 2017). "«Si me invitan, estaría encantado de acudir con la selección gallega»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  2. "El Granada ficha al argentino Emanuel Insúa" (en castelán). 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  3. Fernández, Carlos Alberto (25 de xaneiro de 2015). "El Granada araña un empate al Deportivo en Riazor". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  4. "Martins se va cedido al Osasuna e Insúa traspasado al Udinese italiano". La Vanguardia (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  5. "Newell's Old Boys, llega cedido el ex granadista Insúa" (en castelán). 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  6. Agreement with Emanuel Insúa - Panathinaikos FC official web site Arquivado 30 de decembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés).
  7. "AEK Atenas, llega el ex granadista Emanuel Insua" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  8. "AEK - Leicester 2020". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  9. "Los Insúa en Aldosivi: “Gracias por hacer este sueño realidad”" (en castelán). 18 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  10. "Los hermanos Insúa: fútbol, Gago y chicanas" (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  11. "Vélez acuerda los primeros refuerzos con las llegadas de Emanuel Insúa y Franco Díaz" (en castelán). 4 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar