Emancipación (Pontevedra)

Emancipación foi un periódico editado en Pontevedra entre 1902 e 1903.

Emancipación
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico quincenal. Órgano de la Federación Local de Trabajadores y Sociedades Agrícolas, apareceu en Pontevedra en setembro de 1902. De ideoloxía socialista, reflectiu o devir da experiencia de actuación unitaria do obreirismo co agrarismo das terras circundantes. Estaba dirixido por Francisco López. Informou das folgas que se sucedían naquela época en todo o país. Desapareceu non antes de febreiro de 1903.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar