Elvira Méndez Rodríguez
Elvira Méndez de la Torre[1] Rodríguez, nada en Ribadeo o 31 de marzo de 1873 e finada en Toledo en xullo de 1974, foi unha mestra galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1873 Ribadeo, España |
Morte | xullo de 1974 (101 anos) Toledo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Premios | |
Traxectoria
editarNo 1897, desprazada xa a Madrid coa familia, obtivo o título de Mestra de Primeiro Ensino na Normal Central de Maestras (Universidade Central de Madrid)[1], presentándose a dúas oposicións e aprobando ambas ese mesmo ano.[2] Foi Premio de Honor na Escuela de Pintura y Grabado de Madrid no 1902, data a partir da que iniciou primeiro a súa formación internacional e logo a súa proxección no traballo. Foi pensionada polo Ministerio de Instrución Pública para formarse en Traballo Educativo en Ripatransone (Italia), estudar Psicoloxía e Antropoloxía en París e graduarse no 1905 como Profesora de Anormais (correspondente á actual Educación Especial) en Milán.[3]
Traballou nas escolas normais de Segovia e Ávila. No 1910, comezou a traballar en Toledo, onde promoveu cantinas escolares, ropeiros e colonias (colonia veraniega de Pedrosa, Santander, cun sistema de axudas), iniciativas daquela novidosas. Creou a Decena, entidade que axudaba as alumnas pobres.
No 1926 foi nomeada concelleira de Toledo.[4] Entre 1926 e 1930 promoveu a construción da nova Escola Normal de Mestras na vila, sendo directora da institución entre 1913 e 1948, cun período entre 1931 e 1936 no que non ocupou o cargo por unión entre as escolas normais masculina e feminina. Á súa xubilación foi nomeada Directora Honoraria.[1]
Solteira, relixiosa e con carácter forte, foi membro segrar da Orde 3ª Carmelita. Ao facer 100 anos foi homenaxeada coa Cruz de Afonso X o Sabio.
Vida persoal
editarA súa irmá Adelina Méndez de la Torre Rodríguez foi xornalista e mestra en Bilbao, e o seu irmán Emilio foi autor de teatro.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 ACADEMIA (2012-10-07). "La Escuela Normal Superior de Maestras de Toledo (1900-1953) por Ramón Sánchez González" (PDF). Real Academia de Bellas Artes y Ciencias Históricas de Toledo (en castelán). Consultado o 2019-03-13.
- ↑ Sánchez González, Ramón (2011). "Doña Elvira Méndez de la Torre, una "toledana" ilustre rescatada del olvido". Archivo secreto: revista cultural de Toledo (5): 44–64. ISSN 1695-4742.
- ↑ 3,0 3,1 "Elvira Méndez, una ribadense pionera en la enseñanza y en la política". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-04-11. Consultado o 2024-10-09.
- ↑ "Dos ribadenses innovadoras de la enseñanza y una de ellas concejala en Toledo en 1926". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-10. Consultado o 2019-03-12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sánchez González, Ramón (2011). "Doña Elvira Méndez de la Torre, una "toledana" ilustre rescatada del olvido". Archivo secreto: revista cultural de Toledo (5): 44–64. ISSN 1695-4742.