Eloy Vázquez é un músico medievalista multiinstrumentista galego.

Eloy Vázquez
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmedievalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Vinculado ao mundo da música dende os oito anos, que cursou estudos no Conservatorio de Música da Coruña, e formou parte de varios grupos e agrupacións, como a Agrupación Musical Albéniz da Coruña, a Coral Polifónica O Eco, e que traballou como director durante tres anos do coro da súa parroquia.

Gravou dous discos; o primeiro en 1978 coa discográfica Novola-Zafino nos estudos de Madid, con Xosé Quintas Canella, de 12 cantigas de estilo medieval no que estivo ao cargo dos arranxos musicais e de 10 instrumentos, achegando tamén melodías propias ás citadas cantigas. O segundo disco gravouno nos Estudos Cítola da Coruña, en decembro de 1982, coa Agrupación Musical Albéniz, agrupación da que foi instrumentista durante 18 anos. Este segundo disco contén tanto música clásica como galega.

Segue a investigar preferentemente na música medieval, facendo versións de cantigas medievais como as Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, así como compoñendo pezas propias neste mesmo estilo, que interpreta con instrumentos da época como a cítola, dulcimer, zanfona, laúde, frauta, mandolina, clave e percusión, empregando un gravador multipistas.

Dende comezos do ano 2013 presenta un espazo de música folk en Radio Oleiros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar