Eloy Pérez
enxeñeiro agrícola e político galego
(Redirección desde «Eloy Pérez Sindín»)
Eloy Pérez Sindín, nado en Monterroso en 1971, é un enxeñeiro agrícola e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Monterroso, España |
Alcalde de Monterroso | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro agrónomo , político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Traxectoria
editarEnxeñeiro agrícola e asesor. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG en Monterroso e foi elixido concelleiro. Logo da renuncia á alcaldía e o abandono do concello polo alcalde Antonio Gato en xullo de 2020, foi elixida alcaldesa a independente Rocío Seijas o 29 de xullo co apoio dos edís do PPdeG,[1] polo que pasou a selo primeiro tenente de alcalde. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PPdeG,[2] e foi elixido alcalde[3] ó sela forza máis votada, con tan só 8 votos de vantaxe sobre o PSdeG e 3 concelleiros de 11.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Rocío Seijas |
Alcalde de Monterroso 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |