Eladio y los seres queridos

(Redirección desde «Elodio y los seres queridos»)

Eladio y los seres queridos é unha banda de indie pop galega formada no ano 2005. Está composta por Eladio Santos (voz e guitarra), David Outumuro (batería), Oscar Durán "Uka"(baixo) e Adrián Blanco (sintetizadores e piano).[1]

Eladio y los seres queridos
Eladio y los seres queridos no Primavera Sound (2011)
Período2005 -
Xénero(s)indie pop
Selo(s) discográfico(s)Grabaciones en el Mar, Esmerarte
MembrosEladio Santos
David Outumuro
Oscar Durán "Uka"<br
Antigos membrosMarcos Vazquez, Manuel Santamaría
Ovidio López
Jose Manuel García ,Tarci Avila
Na rede
http://www.eladioylosseresqueridos.es/
Musicbrainz: 6dfd6ce0-ed4b-454b-89f9-1ce6a624198e Songkick: 1990172 Discogs: 5633931 Editar o valor em Wikidata
A formación en 2007.

Traxectoria editar

Dende 2005 que comezaron a súa andaina como dueto con piano (Manuel Santamaría) e finalmente como trío con Pablo Muñiz co baixo. En 2007 uniuse á banda Marcos Vazquez primeiro facendo audiovisuais e máis tarde disparando samplers e tocando sintetizador. Realizaron varias xiras por España e presentaron o seu primeiro traballo, Esto que tienes delante (editado en Grabaciones en el Mar), en case tódalas tendas Fnac, tocando en festivais como Monkey Week e Cultura Quente, e abrindo os concertos de grupos como Deluxe, Amaral ou Vetusta Morla.[2]

A partir de 2009 a formación reduciuse a tres integrantes, quedando Marcos, Eladio e Uka como "núcleo duro" do proxecto. Con esta formación realizaron unha extensa xira por toda España, e ao final desa xira comezaron a gravación do seu segundo disco, cos estudios Sonobox de Madrid como produtores e incorporando un batería ao seu directo. Inicialmente Jose Manuel García tocou durante un verán, incluíndo concertos no Festival Vigo Transforma, ou abrindo o concerto de Ben Harper. A finais de 2010 incorporouse definitivamente David Outumuro.

Con esta formación de cuarteto, e incluíndo o guitarrista do disco en estudio Ovidio López, presentan o disco en numerosos festivais e cidades durante 2011, 2012 e 2013, iniciando unha xira que os levou ao Primavera Sound, Ebrovisión, Sonorama, Portamérica, Monkey Week, Día de la Música e a máis de cincuenta cidades españolas.

En 2014 gravaron o seu terceiro LP, no que volveron contar cos mesmos produtores que no seu segundo disco Están ustedes unidos, Manuel Colmenro e Javier Carretero, dos estudios Sonobox.[3] O disco chamouse Orden invisible e representou un paso máis cara a un son propio. Contaron coa Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela entre outros moitos colaboradores. O álbum publicouse en outubro de 2014, dando comezo á xira de presentación.[4]

Discografía editar

  • Esto que tienes delante (2007, Grabaciones en el Mar)
  • Están ustedes unidos (2011, Esmerarte).
  • Orden Invisible (2014, Esmerarte).
  • Cantares (2016 autoeditado).
  • Historias de caza (2017 Autoeditado).
  • Academia (2020 Autoeditado).

Notas editar

  1. Lacronicadeleon.es, ed. (8 de novembro de 2012). "El pop ‘indie’ de Eladio y Los Seres Queridos se da cita en El Gran Café". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  2. Cuéllar, Manuel (6 de abril de 2011). "El triunfo de un hombre corriente". El País. Consultado o 27 de xuño de 2016. 
  3. Domínguez, Chema (15 de novembro de 2011). "Eladio y Los Seres Queridos: Devocionario". Consultado o 27 de xuño de 2016. 
  4. Ibáñez, Pablo (11 de xullo de 2012). "Eladio y los Seres Queridos: “Soy un ‘diehard’ fan de Bob Dylan”". El País. Consultado o 27 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar