Elizabeth K. Hartline

Elizabeth Kraus Hartline, nada o 17 de setembro de 1909 e finada o 31 de xullo de 2001, foi unha activista ambiental que traballou para preservar case 40.000 acres nas terras salvaxes de Maryland.[1]

Elizabeth K. Hartline
Nacemento17 de setembro de 1909
 Newton, Massachusetts
Falecemento31 de xullo de 2001
 Beverly
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterPembroke College in Brown University
Ocupaciónecoloxista, profesora e poeta
CónxuxeHaldan Keffer Hartline
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Elizabeth Hartline naceu en Newton, Massachusetts.[2][3] Era a filla de Charles A. Kraus, un químico estadounidense notable, e Elizabeth Schaefer.[4] Ó medrar, viviu en Worcester, Massachusetts e Providence, Rhode Island.[2]

Hartline asistiiu á Pembroke College en Providence, Rhode Island. OBtivo a súa licenciatura en bioloxía en 1931 e a súa mestría en psicoloxía en 1932.[2] Hartline foi profesora de Psicoloxía Comparada no Bryn Mawr College de 1936 a 1938.[2][5][6]

Elizabeth Hartline fundou o Comité das Terras Salvaxes de Maryland en 1971. Ela afirmou que o Comité era "un grupo estatal dedicado principalmente á preservación de áreas salvaxes no estado de Maryland. O noso interese abrangue terras de carácter salvaxe en todos os Estados Unidos."[7] Traballou para concienciar sobre o valor das terras salvaxes, traballando para obter o apoio dos gobernadores e lexisladores de Maryland.[2][3] A súa loita levou un senador estatal a presentar un proxecto de lei que establece áreas silvestres estatais designadas. En 1971, o proxecto tornouse lei. O Bosque Estatal de Savage River foi a primeira rexión salvaxe en Maryland en ser designada de acordo con esta lei en 1973.

Co-presidiu o Comité da Maryland Wildlands con Alice Eastman a partir de 1988.[8] Xuntas, as dúas defensoras do medio ambiente organizaron campañas populares para preservar os parques estatais do desenvolvemento e para os protexer da extracción de madeira e minerais.[3] O gobernador Parris Glendening concordou en asignar 37.000 acres como terras salvaxes designadas en 1996.

Hartline preservou moitas terras salvaxes de Maryland durante os seus trinta anos de traballo ambiental, incluíndo o pantano do río Pocomoke, montañas no Condado de Garrett e planicies costeiras na costa oriental. 1.100 acres de terra en Hereford, Maryland, preto do río Gunpowder, foron renomeados en 1996 como Hartline-Eastman Wildland, en homenaxe a Hartline e á súa compañeira Alice Eastman polo seu traballo para preservar a terra.[2][8]

NotasEditar

  1. "H. K. Hartline". Consultado o 2020-09-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Rasmussen, Frederick N. "Elizabeth K. Hartline, 91, environmentalist, Maryland Wildlands Committee founder". baltimoresun.com (en inglés). Consultado o 2020-09-22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Wheeler, Timothy B. "Wild about nature Preservation goal: Two women lead campaign to protect 18 tracts -- "ecological nuggets" -- in Maryland from exploitation.". nydailynews.com. Consultado o 2020-09-22. 
  4. Fuoss, Raymond M. (1971). "Charles August Kraus: 1875—1967" (PDF). National Academy of Sciences. 
  5. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1967". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-22. 
  6. Ratliff, Floyd (1990). "Haldan Keefer Hartline" (PDF). National Academy of Sciences. 
  7. Lands, United States Congress House Committee on Interior and Insular Affairs Subcommittee on General Oversight and Alaska (1977). Inclusion of Alaska lands in national park, forest, wildlife refuge, and wild and scenic rivers systems: hearings before the Subcommittee on General Oversight and Alaska Lands of the Committee on Interior and Insular Affairs, House of Representatives, Ninety-fifth Congress, first session... (en inglés). pp. 313–314. 
  8. 8,0 8,1 Rasmussen, Frederick N. (4 de marzo de 2018). "Alice J.W. Eastman; Outspoken environmental activist profoundly influenced preservation of Maryland's natural resources". The Baltimore Sun. ISSN 1943-9504.