Elisa Vázquez de Gey
Elisa Vázquez de Gey, nada en Lugo en 1955,[1] é unha filóloga e escritora galega en lingua castelá.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 ![]() Lugo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía francesa na Universidade de Santiago de Compostela.[2][3]
É coñecida polas súas obras sobre Anita Delgado, princesa de Kapurthala. Publicou cinco entregas ao redor da vida desta muller: As biografías Anita Delgado. Maharaní de Kapurthala e La Princesa de Kapurthala, a novela histórica, El sueño de la Maharaní, a tradución ó castelán do libro de viaxes escrito por Anita Delgado en francés: Impresiones de mis viajes por las Indias[4] e, en colaboración con Francisco M. Zambrana, Recordando a una Princesa, un álbum de fotografías e recortes de prensa sobre Anita Delgado.
Publicou tamén a novela histórica Una casa en Amargura que aborda o panorama da escravitude feminina na Cuba colonial española xunto coa historia das oito expedicións de colonos galegos que foron escravizados na Habana polo empresario ourensán e diputado a cortes Urbano Feijóo Sotomayor.
É autora, por encargo do Consello da Cultura Galega, da biografía de Urbano Feijóo Sotomayor para o Álbum de Galicia.[5]
Obras
editar- Versos sin rimmel (en castelán) (1ª ed.). Madrid: Torremozas. 1986. ISBN 84-86072-49-2.
- Quemar as meigas: Galicia, 50 años de poesía de mujer (en castelán). Madrid: Torremozas. 1988. ISBN 8478390006.
- Atentamente suya (en castelán). Madrid: Cyan. 1995. ISBN 8481980757.
- Anita Delgado: Maharaní de Kapurthala (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Planeta. 1998. ISBN 84-08-02440-X.
- El sueño de la Maharaní (en castelán). Random House Mondadori. 2005. ISBN 84-253-3961-8.
- La Princesa de Kapurthala (en castelán). Barcelona: Planeta. 2008. ISBN 978-84-08-08262-0.
- Una casa en Amargura (en castelán). Barcelona: Ediciones B. 2015. ISBN 9788466657099.
- Impresiones de mis viajes por las Indias (en castelán). A Coruña: Ediciones del Viento, Col. Viento Simún nº 87, 2017. ISBN 978-84-15374-98-5
- Recordando a una Princesa. Álbum de fotografías y recortes de Anita Delgado (en castelán). Málaga: Ediciones del Genal. 2023. ISBN 978-84-19442-60-4
Notas
editar- ↑ García, Rodri (26 de xuño de 2015). "Elisa Vázquez de Gey: «Los esclavos de Cuba fueron sustituidos por colonos gallegos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ "Una casa en Amargura". Ecured (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ "Elisa Vázquez de Gey". Xeanoloxía.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ "Mi libro: “Impressions de mes voyages aux Indes”". www.princesadekapurthala.com (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ Vázquez de Gey, Elisa_. "Urbano Feijoo". consellodacultura.gal. Consultado o 3 de abril de 2025.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial
- Gallegos por esclavos, documental sobre a escravitude galega en Cuba, coa participación de Elisa Vázquez (RTVE, en castelán)