Anita Delgado

bailarina española

Anita Delgado Briones, nada o 8 de febreiro de 1890 en Málaga e finada o 7 de xullo de 1962 en Madrid, foi unha bailaora e cantaora andaluza.

Anita Delgado
Nome completoAnita Delgado Briones
Nacemento8 de febreiro de 1890
Lugar de nacementoMálaga
Falecemento7 de xullo de 1962
Lugar de falecementoMadrid
Causadoenza cardiovascular
Soterradacemiterio de San Justo de Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbailarina
CónxuxeJagatjit Singh I of Kapurthala
FillosPrince Ajit Singh of Kapurthala
Na rede
Find a Grave: 16612289 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ao pouco de facer os 16 anos, a súa familia emigrou a Madrid, onde actuaría en cafés coa súa irmá Victoria, baixo o nome artístico de "Las Camelias". Os pintores Julio Romero de Torres e Ricardo Baroja pedíronlle pousar como modelo para eles, mais Anita rexeitou a oferta por ter apenas 16 anos.

O Maharaxá Sir Jagatjit Singh Bahadur de Kapurthala, que estaba en Madrid como convidado á voda do rei Afonso XIII, asistiu á súa actuación nun café-concerto. Tentou cortexala, mais ela rexeitou os seus avances e desistiu despois do atentado anarquista de Mateo Morral contra a parella real o 31 de maio de 1906. Máis tarde porén, os seus amigos Romero de Torres, Ramón del Valle-Inclán e Pastora Imperio persuadírona de responder as súas mensaxes e reencontrarense en París.

El facilitoulle unha educación, mesmo aprendéndolle francés e inglés. Casou con ela en Kapurthala o 28 de xaneiro de 1908 polo rito sikh. Logo do casamento, ela adoptou o nome de Rani Prem Kaur Sahiba. Pouco despois, o 26 de abril de 1908, naceu o seu primeiro fillo co Maharaxá, o Maharajkumar Ajit Singh Sahib Bahadur, quen sería educado na Universidade de Cambridge e na Academia Militar Dehra Dun, para chegar a ser Asistente do Comisario de Comercio Indio na Arxentina antes de morrer en 1982. Posteriormente viaxarían por Europa e a India. Ela escribiu un libro sobre esta época intitulado "Impresiones de mis viajes a las Indias". Durante a 1ª Guerra Mundial o seu home traballaría en hospitais británicos e franceses.

Cando separaron en 1925, Anita ficou en París co fillo. Finou o 7 de xullo de 1962 en Madrid.

No cinema editar

Había un proxecto para que no 2006 se comezase a rodar un filme sobre a vida de Anita co título La princesa de Kapurthala protagonizada por Penélope Cruz.

Porén, un bisneto de Jagatjit Singh, Tika Shatrujit Singh, opúxose á rodaxe, pois consideraba que a novela de Javier Moro, na que se baseaba o filme, distorsionaba a verdade, especialmente ao respecto dun presunto aborto ao que o Maharaxá a obrigara a se someter.[1]

Na Literatura editar

Notas editar

  1. Cárdenes, Ana (7 de setembro de 2006). "Los maharajás de Kapurthala se querellarán contra un proyecto cinematográfico de Penélope Cruz". elmundo.es (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2018. .

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar