Elektron
(Redirección desde «Elektron 3»)
Elektron (en ruso, электрон) é o nome dunha familia de catro satélites artificiais soviéticos lanzados ao longo de 1964. Foi das primeiras misións en ser autorizadas despois do lanzamento do Sputnik 1. Os satélites foron lanzados en pares a bordo de foguetes Vostok-K: Elektron 1 e 2 foron lanzados o 30 de xaneiro de 1964, mentres que Elektron 3 e 4 o foron o 10 de xullo de 1964. Elektron 1 e 3 estudarían conxuntamente a órbita baixa (cun perixeo duns 400 km e un apoxeo duns 7000 km), mentres que 2 e 4 farían o mesmo en órbitas moito máis altas (perixeos de cerca de 450 km e apoxeos de cerca de 68.000 km). O obxectivo dos satélites era cartografar os cintos de radiación Van Allen e estudar os raios cósmicos.[1][2][3][4]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2][3][4] | Data de lanzamento[1][2][3][4] | Foguete lanzador[1][2][3][4] | Notas[1][2][3][4] |
---|---|---|---|
Elektron 1 | 30 de xaneiro de 1964 | Vostok-K | Éxito |
Elektron 2 | 30 de xaneiro de 1964 | Vostok-K | Éxito |
Elektron 3 | 10 de xullo de 1964 | Vostok-K | Éxito |
Elektron 4 | 10 de xullo de 1964 | Vostok-K | Éxito |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Elektron-A" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2020). "Elektron-B" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Elektron 1, 3" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Elektron 2, 4" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020.