El cochecito

filme de 1960 dirixido por Marco Ferreri

El cochecito é un filme español dirixido por Marco Ferreri que se estreou en 1960.

El cochecito
Ficha técnica
Título orixinalEl cochecito
DirectorMarco Ferreri
ProdutorPere Portabella
GuiónRafael Azcona
Marco Ferreri
IntérpretesJosé Isbert
José Luis López Vázquez
Pedro Porcel
Chus Lampreave
María Luisa Ponte
María Isbert
MúsicaMiguel Asins Arbó
FotografíaJuan Julio Baena
MontaxePedro del Rey
Estrea1960
Duración85 minutos
OrixeEspaña
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0053724 Filmaffinity: 378517 Allocine: 34573 Allmovie: v61601 TCM: 510049 Netlix: 70100593 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Don Anselmo Proharán (José Isbert) é un vello totalmente decidido a adquirir un coche de inválido con motor, igual que o que ten o seu amigo paralítico Lucas e outros compañeiros da súa idade. A pesar da oposición de toda a súa familia, Don Anselmo non desiste do seu capricho, mesmo se para conseguilo se ve obrigado a vender as xoias da familia. Cando o seu fillo Carlos (Pedro Porcel) o descobre, obrígao a devolvelo. En vinganza, Don Anselmo toma a decisión de envelenar a súa familia. Cando intenta fuxir no seu cochecito, é detido pola Garda Civil.

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 1960: Venecia: Premio da crítica.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar