El Socialista Gallego

El Socialista Gallego foi unha publicación periódica editada en Barcelona durante a Guerra Civil española.

Historia e característicasEditar

Órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos, comezou a publicarse o 1 de maio de 1938. Fundado por Marcial Fernández Vázquez, Manuel Cordero Pérez, Ramón Troncoso Fernández e José Gómez Osorio, estaba dirixido por Manuel Cordero.