Estadio El Sadar
O Estadio El Sadar (coñecido como Reyno de Navarra entre 2005 e 2013 por motivos publicitarios[1]) é un estadio situado en Pamplona (Navarra), onde xoga como local o Club Atlético Osasuna.
El Sadar | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°47′48″N 1°38′13″O / 42.796667, -1.636944 |
Localización | Pamplona, Navarra España |
Nomes antigos | Reyno de Navarra (2005–2013) |
Construción | |
Inauguración | 2 de setembro de 1967 |
Arquitecto | Tomás Arrarás |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 67,5 |
Capacidade | 23.576 |
Propietario | CA Osasuna |
Operadora | CA Osasuna |
Localía | CA Osasuna |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO estadio, inaugurado o 2 de setembro de 1967, ten unha capacidade máxima de 19.800 persoas, todas sentadas (no seu día tivo un aforamento de 30.000 persoas aínda que a maioría eran localidades do montón). As dimensións do campo son 105 metros de longo e 67,5 de ancho. Foi remodelado en 1989 coa construción da Tribuna de Preferencia Alta.
En 1998 acolleu a primeira tenda oficial do club, e o 29 de maio de 1999 inauguráronse as oficinas na parte traseira do estadio, situadas anteriormente na Plaza del Castillo de Pamplona. En xaneiro deste ano instalouse un videomarcador no ángulo norte, e o 13 de novembro inaugurouse a nova sede social e a sala de xuntas.
Na tempada 99-00 instaláronse dous restaurantes no exterior do estadio, e a sala de prensa cambiou de localización.
Na tempada 02-03 estreáronse novas cabinas de prensa, que foron recolocadas na zona máis alta do estadio, e a antiga zona transformouse en localidades VIP. Tamén se instalou un novo túnel de vestiarios telescópico, e no exterior montáronse dúas lonas con imaxes osasunistas.
Máis adiante, ampliáronse as oficinas coa construción de tres novos despachos e unha nova sala de reunións, e o 14 de maio de 2003 inaugurouse un local para a Federación de Penas Osasunistas. No verán acometeuse unha remodelación total da bancada, alzando a parte baixa case 2 metros do céspede, retirando o mítico valo de separación co terreo de xogo, mellorando así a visibilidade do campo. Ampliáronse as bandas e os fondos, e os vellos bancos substituíronse por uns modernos de metacrilato. Instaláronse novos videomarcadores en cada fondo, e ademais inaugurouse a nova sede da Fundación Osasuna na fachada do estadio.
Desde a súa inauguración ata finais de 2005 recibiu o nome de Estadio de El Sadar en honra ao río Sadar que atravesa a capital navarra moi preto do estadio. A partir de 2006 cambiou o seu nome polo de Reyno de Navarra, tras alcanzar Osasuna e Goberno de Navarra un acordo de patrocinio mediante o cal Osasuna recibiría 1,5 millóns de euros durante tres anos. Reyno de Navarra é a marca creada polo Executivo foral para promocionar o turismo en Navarra. Un partido entre a selección de Navarra e a selección da China, disputado o 29 de decembro de 2005, foi o primeiro partido que acolleu o estadio coa súa nova denominación.[2]
En decembro de 2006[3] o club propuxo un ambicioso proxecto de reforma do estadio, consistente en derrubar as 4 esquinas para construír novos palcos, oficinas e locais comerciais, a derriba da anticuada cuberta para ser substituída por outra que mellore a visibilidade do campo e evite as pingueiras, a construción de novos boxes privados e a total reforma da fachada e do aspecto interior e exterior do estadio. O club ten a intención de pagar as obras cos beneficios que adquirirá do alugamento de oficinas, locais comerciais e boxes. A reforma debe ser aprobada polo concello de Pamplona.
O día 4 de maio de 2008, por primeira vez na historia, un equipo proclamábase campión da Primeira División Española no Reyno de Navarra, era o Real Madrid, que gañou por 1-2.
Notas
editar- ↑ Adeus ao nome Reyno de Navarra
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ O novo Reyno de Navarra Arquivado 14 de marzo de 2007 en Wayback Machine. Deportes de Navarra.