Provincia de El Loa

(Redirixido desde "El Loa")

Coordenadas: 22°50′00″S 68°07′00″O / -22.83333, -68.11667

El Loa é unha provincia de Chile situada no oriente da rexión de Antofagasta.

El Loa
Provincia
Miscanti Lagoon near San Pedro de Atacama Chile Luca Galuzzi 2006.jpg
Lago Miscanti
Localización
Provincia de El Loa.svg
Situación da Provicia de El Loa
na Rexión de Antofagasta
PaísChile Chile
Rexión Antofagasta
Xeografía
Altitude3 925 msnm
Superficie41 999 km²
Demografía
Poboación177 048 habitantes (2017)
Densidade3,7 hab./km²
Outros datos
Páxina web oficial da Gobernación de El Loa

A súa capital é a cidade de Calama, e a súa gobernadora é María Bernarda Jopia Contreras, do partido Renovación Nacional.

XeografíaEditar

Situada a unha altitude de 3 925 msnm a provincia ocupa unha superficie de 41 999 km².

No ano 2017 contaba cunha poboación de 177 048 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 3,7 hab./km²

El Loa caracterízase polo seu clima desértico e pola súa paisaxe; a localidade de San Pedro de Atacama é un grande atractivo turístico.

Na provincia extráese cobre, un dos recursos minerais máis importantes do país.

División administrativaEditar

A provincia está conformada por 3 comunas:

Código Comuna Capital Superficie[2]

(km²)

Poboación[3]

(2017)

Porcentaxe
02201 Calama Calama 15 597 165 731 93,66 %
02202 Ollagüe Ollagüe 2 964 321 0,13 %
02203 San Pedro de Atacama San Pedro de Atacama 23 439 10 996 6,21 %
Total 41 999 177 048 100 %

EconomíaEditar

En 2018 o número de empresas rexistradas na provincia de El Loa foi de 3 094. O Índice de Complexidad Económica (ECI) no mesmo ano foi de -0,15, mentres que as actividades económicas con maior índice de Vantaxe Comparativa Revelada (RCA) foron Actividades de Parques de Atraccións e Centros Similares (67,11), Reprodución de Gravacións (53,78) e Outros Tipos de Transporte Regular de Pasaxeiros por Vía Terrestre (36,86).[4]


Gobernadores da provinciaEditar

 
Logotipo oficial.

Os gobernadores provinciais de El Loa foron os seguintes:

Gobernador Partido Período
César Castillo Lilayu DC 11 de marzo de 1990 - 11 de marzo de 1994
José Luis Ayala Manríquez PS 11 de marzo de 1994[5] - 11 de marzo de 2000
Francisco Segovia Rojas DC 11 de marzo de 2000 - 10 de xuño de 2004[6]
Guillermo Espíndola Correa DC 2004 - 11 de marzo de 2006
Sandra Pastenes Muñoz PS 11 de marzo de 2006 - 22 de xaneiro de 2009[7]
Rubén Rojo Maturana PS 23 de xaneiro de 2009 - 18 de abril de 2009[8]
Nicanor de la Cruz Araya PS 27 de abril de 2009 - 11 de marzo de 2010
Luis Garrido Ampuero[9] UDI 16 de marzo de 2010 - 1 de xaneiro de 2021[10]
Lorenza Muñoz Cifuentes UDI 2 de xaneiro de 2013 - 11 de marzo de 2014
Claudio Andrés Lagos Gutiérrez PRSD 11 de marzo de 2014 - 1 de xuño de 2017[11]
Eduardo Ochoa PRSD 20 de xuño de 2017[12] - 18 de marzo de 2018
María Bernarda Jopia Contreras RN 18 de marzo de 2018 - No cargo

NotasEditar

  1. Estimaciones y Proyecciones de la Población de Chile 1992-2050 Censo de 2017.
  2. "Calama | SUBDERE". www.subdere.cl (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  3. "Censo 2017 – Todos Contamos – Este Censo necesita todo tu apoyo para saber cuántos somos, cómo somos y cómo vivimos.". www.censo2017.cl (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  4. "ADALYTICS". adalytics.cl. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  5. "Anoche falleció el ex gobernador de El Loa José Luis Ayala". SoyChile.cl. 25 de setiembro de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  6. "Duelo en Antofagasta por muerte de Gobernador de El Loa: Ejecutivo entrego condolencias". La Nación. 11 de xuño de 2004. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  7. "Remezón político por cambio en la Gobernación de El Loa". El Mercurio de Calama. 23 de xaniero de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  8. "Renunció Gobernador Provincial Ruben Rojo". El Mercurio de Calama. 18 de abril de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  9. "Luis Garrido Nuevo Gobernador de El Loa". LoActual.cl. 16 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  10. "DTO-1494 16-MAY-2013 MINISTERIO DEL INTERIOR Y SEGURIDAD PÚBLICA, SUBSECRETARÍA DEL INTERIOR - Ley Chile - Biblioteca del Congreso Nacional". www.leychile.cl. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  11. "Renunció el gobernador de la Provincia El Loa para sumarse a la campaña presidencial de Guiller". SoyChile.cl. 31 de maio de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  12. "Provincia El Loa ya tiene nuevo gobernador". SoyChile.cl. 21 de xuño de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2021.