El Landro foi un periódico editado en Viveiro entre 1931 e 1937.

El Landro
LocalidadeViveiro
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico Independiente, apareceu o 1 de xuño de 1931. Semanario que se imprimía nos talleres tipográficos de Fojo. Tivo unha traxectoria moi breve.

Reapareceu o 1 de abril de 1936. Publicábase cada quince días. De tendencia conservadora, apoiou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Dirixido por Antonio Santiago Seijo,[1] entre os seus colaboradores figuraron Sofía Casanova, Sebastián Bas Calvet, Modesto Grandío Parapar e Antón Noriega Varela. Cesou a súa publicación en 1937.

Notas editar

  1. Las Riberas del Eo, 11-4-1936, p.6

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 286–287. ISBN 84-8192-110-6. 

Outros artigos editar