El Imparcial (restaurante)

El Imparcial é un histórico restaurante da comunidade galega en Buenos Aires, e o máis antigo local de comidas da cidade que mantén o mesmo nome[1].

Historia editar

En 1860 fundouno na rúa Hipólito Yrigoyen (daquela chamada Victoria), próxima á actual Plaza de Mayo, o emigrante Manuel García, que chegara á Arxentina en 1856. O seu nome recibiuno pola vontade do propietario de acoller a todos os congresistas do veciño Congreso da Nación Arxentina, sen que importase a cor política. O restaurante especializouse dende o comezo en comida galega[2].

A finais do século XIX o restaurante pasou a mans dos fillos de Manuel García (Manuel García II e Severino García, quen logo se convertería en propietario único). O restaurante trasladouse en 1933 a outro local da mesma rúa, neste caso facendo esquina coa rúa Salta. En 1965[3] produciuse un derrubamento no inmoble que pechou o restaurante ata 1969.

Refundouno nese ano o empresario Joaquín Barreiro, un exiliado da Guerra Civil española que proviña da parroquia de Morgadáns. Entre os seus propietarios actuais está o tamén galego Armando Amoedo[2].

Notas editar

  1. El Imparcial Arquivado 24 de outubro de 2010 en Wayback Machine., Web 'Buenos Aires te invita'.
  2. 2,0 2,1 Siglo y medio de cocidos porteños, El País, 24/11/2010.
  3. Los 150 años del Restaurante Imparcial Arquivado 03 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine., Web Barriada.com, 19/11/2010.