Eicosanoide non clásico

Os eicosanoides non clásicos son moléculas de sinalización lipídicas bioloxicamente activas producidas pola oxixenación de ácidos graxos de 20 carbonos distintos dos eicosanoides clásicos.

Terminoloxía editar

Artigo principal: Eicosanoide.

"Eicosanoide" é o termo colectivo[1] usado para os derivados oxixenados de tres diferentes ácidos graxos esenciais de 20 carbonos: ácido eicosapentaenoico (EPA), ácido araquidónico (AA) e ácido dihomo-gamma-linolénico (DGLA).

O uso actual limita o termo aos leucotrienos (LT) e aos tres tipos de prostanoides: prostaglandinas (PG) prostaciclinas (PGI), e tromboxanos (TX). As eoxinas son análogos 14,15 de leucotrienos e son sintetizados de maneira similar aos leucotrienos estándar.[2] Porén, hai outras varias clases de compostos que tecnicamente se poderían considerar eicosanoides, entre os que están as hepoxilinas, resolvinas, isofuranos, isoprostanos, lipoxinas, epi-lipoxinas, ácidos epoxieicosatrienoico (EETs) e endocannabinoides. Os leucotrienos e os prostanoides son ás veces denominados 'eicosanoides clásicos' [3][4][5] para diferencialos dos eicosanoides 'non clásicos', 'novos' ou compostos 'similares a eicosanoides' (eicosanoid-like).[6][7][8][9]

Os eicosanoides clásicos son mediadores autócrinos e parácrinos, activos a concentracións micromolares (ou menores), producidos con alta estereoespecificidade. Prodúcense a partir de ácidos graxos esenciais (principalmente ácido araquidónico) pola acción dos encimas ciclooxixenase (COX) ou 5-lipoxixenase.

En liñas xerais, os eicosanoides non clásicos son os produtos de ácidos graxos esenciais de 20 carbonos e de [10]

Tamén se inclúen

Notas editar

  1. Funk, Colin D. (30 November 2001). "Prostaglandins and Leukotrienes: Advances in Eicosanoid Biology". Science 294 (5548): 1871–1875. PMID 11729303. doi:10.1126/science.294.5548.1871. Consultado o 2007-01-08. 
  2. Feltenmark S, Gautam N, Brunnström A, Griffiths W, Backman L, Edenius C, Lindbom L, Björkholm M, Claesson HE (January 2008). "Eoxins are proinflammatory arachidonic acid metabolites produced via the 15-lipoxygenase-1 pathway in human eosinophils and mast cells". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 105 (2): 680–685. doi:10.1073/pnas.0710127105. PMC 2206596. PMID 18184802.
  3. Van Dyke TE, Serhan CN (2003). "Resolution of inflammation: a new paradigm for the pathogenesis of periodontal diseases". J. Dent. Res. 82 (2): 82–90. PMID 12562878. doi:10.1177/154405910308200202. 
  4. Serhan CN, Gotlinger K, Hong S, Arita M (2004). "Resolvins, docosatrienes, and neuroprotectins, novel omega-3-derived mediators, and their aspirin-triggered endogenous epimers: an overview of their protective roles in catabasis". Prostaglandins Other Lipid Mediat. 73 (3–4): 155–72. PMID 15290791. doi:10.1016/j.prostaglandins.2004.03.005. 
  5. Anderle P, Farmer P, Berger A, Roberts MA (2004). "Nutrigenomic approach to understanding the mechanisms by which dietary long-chain fatty acids induce gene signals and control mechanisms involved in carcinogenesis". Nutrition (Burbank, Los Angeles County, Calif.) 20 (1): 103–8. PMID 14698023. doi:10.1016/j.nut.2003.09.018. 
  6. Evans AR, Junger H, Southall MD, et al. (2000). "Isoprostanes, novel eicosanoids that produce nociception and sensitize rat sensory neurons". J. Pharmacol. Exp. Ther. 293 (3): 912–20. PMID 10869392. 
  7. O'Brien WF, Krammer J, O'Leary TD, Mastrogiannis DS (1993). "The effect of acetaminophen on prostacyclin production in pregnant women". Am. J. Obstet. Gynecol. 168 (4): 1164–9. PMID 8475962. doi:10.1016/0002-9378(93)90362-m. 
  8. Behrendt H, Kasche A, Ebner von Eschenbach C, Risse U, Huss-Marp J, Ring J (2001). "Secretion of proinflammatory eicosanoid-like substances precedes allergen release from pollen grains in the initiation of allergic sensitization". Int. Arch. Allergy Immunol. 124 (1–3): 121–5. PMID 11306946. doi:10.1159/000053688. 
  9. Sarau HM, Foley JJ, Schmidt DB, et al. (1999). "In vitro and in vivo pharmacological characterization of SB 201993, an eicosanoid-like LTB4 receptor antagonist with anti-inflammatory activity". Prostaglandins Leukot. Essent. Fatty Acids 61 (1): 55–64. PMID 10477044. doi:10.1054/plef.1999.0074. 
  10. Cyberlipid Center. "Prostanoids and Related Products". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-11-02. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar