Eduardo Quintela Bóveda

policía galego


Eduardo Quintela Bóveda, nado en San Cristovo de Cea o 13 de outubro de 1891[1] e finado en Barcelona en agosto de 1968,[2] foi un policía e represor galego.

Modelo:BiografíaEduardo Quintela Bóveda
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1891 Editar o valor en Wikidata
San Cristovo de Cea, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1968 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo da mestra de Oseira Purificación Bóveda González. Inspector do Corpo Xeral de Policía dende 1917, foi destinado a Barcelona. Durante a Segunda República Española traballou para Miquel Badia Capell. Na guerra civil española era comisario xefe da Sección de Servizos Especiais de Valladolid, onde foi felicitado publicamente en 1937 pola súa tarefa de consolidar a paz pública.[3]

Ao rematar a guerra civil foi destinado a Barcelona, onde traballou con Pedro Polo Borreguero con quen detivo ao asasino Justo Bueno Pérez.[4] En 1939 detivo os membros da CNT Eliseu Melis Díaz e Antoni Seba Amorós, que actuaron de confidentes para el até que Melis foi asasinado en 1947 por membros da CNT.[5] En 1941 foi nomeado xefe da Brigada de Investigación social, que en 1945 se dividiu en Brigada Político Social e Servizos Especiais. Quintela foi nomeado xefe da Brigada Político-Social de Barcelona.[6]

Unha das súas actuacións máis sonada foi abater nun enfrontamento a tiros en xuño de 1948 o anarquista Raúl Carballeira. O 2 de marzo de 1949 o grupo Los Maños liderado por Quico Sabaté e Wenceslao Jiménez Orive intentou un atentado contra el nas rúas Mallorca e Provença de Barcelona, pero non ía no automóbil e en cambio mataron os falanxistas Manuel Piñol Ballester e José Tella Bavoy, xefe de deportes desta organización, e o chofer Antonio Norte Juárez.[7] Propúxose o obxectivo de acabar co maquis libertario en Barcelona mediante un sistema de delatores e infiltrados que facilitaron a caída de dirixentes como Josep Lluís i Facerias, metrallado no barrio de Sant Andreu del Palomar o 30 de agosto de 1957. Xa xubilado en Galicia, en 1960 volveu co seu can Bloodhound para participar na captura de Quico Sabaté.[8]

  1. Outras fontes afirman que a data de nacemento é o 5 de xullo: Ferran Sánchez Agustí, El maquis anarquista.
  2. Necrolóxica, La Vanguardia, 10-8-1968, p. 21.
  3. Policía del Alzamiento Nacional, 1937-1939, según Julio de Antón
  4. La maldición de los hermanos Badia
  5. Assassinat d'Eliseu Melis (12-07-1947), estelnegre.org
  6. "La represión contra el Movimiento Libertario Español (1939 - 1995)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de maio de 2018. Consultado o 18 de outubro de 2019. 
  7. Atemptat contra Eduardo Quintela Bóveda antropologia.cat
  8. Francesc Sabaté i Llopart "Quico". La leyenda de un maquis

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar