Eduardo González-Moro

médico e político galego
(Redirección desde «Eduardo González Moro»)

Eduardo González-Moro Cervigón, nado na Coruña cara 1894 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 1945, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaEduardo González-Moro
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1945 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Médico na Coruña. Militante da ORGA, foi concelleiro da Coruña de 1931 a 1934. Integrouse en Izquierda Republicana e formou parte da xestora municipal da Coruña de 1936. Foi nomeado vogal do Padroado local de Formación Profesional da Coruña en xullo de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado por rebelión. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Cumpriu condena na Prisión provincial da Coruña, da que saíu en liberdade condicional en maio de 1941.[2] Finou na Coruña o 17 de marzo de 1945.[3]

Vida persoal editar

Casou con Dolores Pujalte Díaz.

Notas editar

  1. Gaceta de Madrid, 22-7-1936, p. 778.
  2. BOE, 13-6-1941, p. 4308.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-3-1945, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vázquez Souza, Ernesto (2006). Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936). A Coruña: Laiovento. p. 70. ISBN 84-8487-103-7. 

Ligazóns externas editar