Eduardo Alfredo Pinto

músico arxentino

Eduardo Alfredo Pinto, nado en Mendoza, Arxentina, o 18 de decembro de 1979 e finado en Soriano, Uruguai, o 7 de xaneiro de 2008, foi un músico, compositor, arreglador e multiinstrumentista arxentino. Na súa obra, cabe destacar xéneros musicais como o jazz, folclore e rock.[1]

Modelo:BiografíaEduardo Alfredo Pinto
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1979 Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoBaixo elétrico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pinto comezou a súa carreira como percusionista da orquestra infantil Mozart no ano 1988. Nos anos 1990, integrou agrupacións como A Sanmartiniana, Pocas Nueces, El Intento, Markama e Bembelecuá. Foi baixista, coproductor e arreglador de Parió la Choca entre os anos 1998 e 2005. Foi percusionista de Simpecao e músico da Coral Novas Voces e colaborou con músicos como Patricia Cangemi, Javier Rodríguez, Pocho Sosa, Pablo Salcedo e Analía Garcetti, etc.

No ano 2000, fundou cun trío de jazz chamado Miles de años, co cal editou tres traballos discográficos: Miles de años (2002); Sutra (2004) e Plexo (2007).

No ano 2006, creou o Eduardo Pinto Ensamble; unha agrupación de música instrumental suramericana. Tamén foi profesor titular da Licenciatura en Música Popular, da Facultade de Artes e Deseño da Universidade Nacional de Cuyo.

O 7 de xaneiro de 2008, Pinto de 28 anos, xunto co charanguista de orixe chilena, chamado Valdo Hugo Delgado de 41 anos, morreron nun accidente automobilístico, no departamento de Soriano (Uruguai); cando ían asistir a unha función de jazz, que se realizaría na cidade de Mercedes.[2]

Como homenaxe, unha escola na cidade de Mendoza leva o seu nome.[3]

  1. Biografía de Eduardo Alfredo Pinto Consultado o 4 de xuño de 2014
  2. Eduardo Alfredo "Gordo" Pinto (1979 - 2008) Consultado o 4 de xuño de 2014
  3. Pablo Pereyra (8 de xaneiro de 2008). "Mendoza llora a dos de sus grandes y jóvenes músicos". Diario Los Andes (en español). Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014.