Eduardo Álvarez Carballido

médico e historiador galego

Eduardo Álvarez Carballido, nado en Oroso en 1843 e finado en Melide o 28 de decembro de 1913, foi un médico, escritor e historiador galego.

Modelo:BiografíaEduardo Álvarez Carballido
Biografía
Nacemento1843 Editar o valor en Wikidata
Oroso, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1913 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: alvarez-carballido-eduardo-1843-1913 Dialnet: 3210215

Traxectoria

editar

A familia trasladouse a Melide onde Eduardo fixo os estudos primarios, que despois continuou no Instituto de Lugo. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1874. Foi médico en Melide e na súa comarca. Colaborou en Galicia Diplomática, Galicia Histórica e no Boletín da Real Academia Galega. Na súa residencia de Melide creou un museo privado con importantes fondos documentais, históricos e arqueolóxicos da Terra de Melide, que foron vendidos polos seus herdeiros. Foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega en 1906. Finou en Melide o 28 de decembro de 1913.[1]

Recoñecementos

editar

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

  1. Diario de Galicia, 9-1-1914, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fuciños Gómez, Xosé Domingo (1985). "D. Eduardo Álvarez Carballido". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide (3). 

Ligazóns externas

editar