Edificio Seagram
O edificio Seagram é un rañaceos situado na Park Avenue en Nova York. Deseñado polo arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe, en colaboración co americano Philip Johnson. É considerado un dos mellores exemplos da estética funcionalista e unha obra mestra do Estilo Internacional. Foi deseñado como sede da Seagram Company Ltd., nese momento unha das maiores empresas destilerías do mundo.
Edificio Seagram | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Edificio de oficinas |
Estilo | Movemento Moderno, Estilo Internacional |
Localización | Nova York, Estados Unidos |
Coordenadas | 40°45′30″N 73°58′20″O / 40.758444444444, -73.972138888889 |
Propietario | Seagram Company Ltd. |
Construción | |
Construción | 1957 |
Dimensións | |
Altura | 157 metros |
Plantas | 38+1 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Ludwig Mies van der Rohe e Philip Johnson |
Enxeñeiro estrutural | Severud Associates |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta con 39 pisos en 157 metros de altura e foi construído entre 1954 e 1958.
Arquitectura
editarO edificio constituíu un modelo de referencia para a arquitectura dos anos 60 e 70, levando ao máximo o pensamento racionalista e o chamado Estilo Internacional.[1] A idea orixinal do arquitecto era que se puidese ve-la trama de aceiro estrutural da que colgan os muros cortina de vidro, pero a normativa edificatoria americana obrigaba a recubrir tódolos elementos estructuraies de aceiro con algún material ignífugo, coma o formigón, para evitar que en caso de incendio se derritan e cedan. O formigón ocultaría a estrutura do edificio, polo que Mies usou perfís H a modo de columnas estruturais que recordaran á estrutura interna, sendo visibles dende o exterior.