Edgeøya
Edgeøxa (ás veces anglicizada como illa Edge) é unha illa deshabitada do arquipélago das illas Svalbard, localizada ao leste de Spitsbergen e ao sur da illa de Barents. Administrativamente, pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.
Edgeøya | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Svalbard |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 77°40′N 22°30′O / 77.667, -22.500Coordenadas: 77°40′N 22°30′O / 77.667, -22.500 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 5.074 km² |
Longura máxima | 114 km. |
Largura máxima | 79 km. |
Perímetro | 502 |
Punto máis alto | 590 m. Caltexfjellet |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Xeografía Editar
A illa ten unha superficie de 5.074 km², que a converten por tamaño na 3ª do arquipélago. Deles, 2.102 km² están cubertos por glaciares, sendo o principal o Edgeøyjøkulen.
Está separada de Spitsbergen ao oeste polo Storfjorden, e, ao norte, o Freemansundet sepáraa da illa de Barents; na parte sur occidental localízase o Tjuvfjorden.
A illa é unha reserva natural protexida de Svalbard. É un sitio de conservación do oso polar e do reno de Svalbard.