Eda
Coordenadas: 59°53′N 12°17′L / 59.883, -12.283
Municipio de Eda Eda kommun | |
![]() | |
Storgatan en Charlottenberg | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Värmland |
Condado | Värmland |
Capital | Charlottenberg |
Área e poboación | |
Poboación | 8 521 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 894,95 km² |
Densidade | 10,39 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | eda.se |
Eda é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] A súa capital é Charlottenberg, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal.
O municipio limita cos concellos de Arvika e Årjäng en Suecia, e cos de Eidskog, Kongsvinger e Aurskog-Høland en Noruega.
Eda é parte da rexión de cooperación sueco-norueguesa chamada ARKO.[2]
Administración histórica Editar
A área do concello correspóndese ás parroquias de Eda, Järnskog, Köla e Skillingmark. Nesas parroquias fundáronse concellos rurais cos reforma municipal de 1862 cos mesmos nomes.
No municipio rural de Eda atopábanse as comunidades municipais de Charlottensberg, establecida o 2 de febreiro de 1906, e Åmotfors, establecida o 18 de novembro de 1904. As dúas disolvéronse o 31 de decembro de 1961.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Skillingmark incluíuse no de Järnskog, mentres que os de Eda e Köla non se viron afectados.
O municipio de Eda fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Eda, Järnskog e Köla.[3]
O concello estivo incluído dende a súa fundación ata o ano 2005 no partido xudicial de Arvika e dende 2005 foi incluído no partido xudicial de Värmland.[4]
Historia Editar
A historia de Eda sempre estivo marcada pola súa posición fronteiriza con Noruega. A fronteira entre Noruega e Suecia non estivo clara durante moito tempo, pero a finais da Idade Media esta fixouse ata máis os menos os límites actuais, aínda que a mediados do século XVIII realizouse unha revisión final da mesma.[5]
Continuos conflitos fronteirizos, xeralmente como resultado da competencia de Suecia e Dinamarca-Noruega polo poder político na rexión nórdica, afectaron á xente que vivía no concello. Estes culminaron no século XVII e deron lugar á construción de varios fortíns (skans) permanentes. Isto ocorreu principalmente na parroquia de Eda, onde unha temperá vía de comunicación conectaba os dous reinos e era usada acotío durante os ataques inimigos. O reconstruído skans de Eda, entre Charlottenberg e Åmotfors, e un exemplo deste tipo de fortificacións.[5][6]
Porén, a proximidade con Noruega tamén foi positiva en tempos de paz, ao desenvolverse o comercio entre os dous países. O ferro de pantano sueco intercambiouse por sal norueguesa a través da fronteira. Durante unha gran parte da Unión entre Noruega e Suecia, entre 1814 e 1905, aplicáronse normas aduaneiras favorables e o comercio foi moi activo.[5]
Dende de Noruega tamén chegaron innovacións culturais e relixiosas. Isto levou á cristianización temperá das parroquias fronteirizas, existinto igrexas xa no século XIII.[5] Estas primeiras igrexas eran de madeira, e foron substituídas polas presentes igrexas de pedra a partir do século XVII.
Dende finais do século XI e ata a reforma 400 anos despois, a zona probablemente tamén recibiu influencias culturais dende o sur, cando milleiros de peregrinos atravesaban principalmente as parroquias de Järnskog e Skillingmark de camiño cara a tumba do santo Olaf en Nidaros (Trondheim).[5]
Dende mediados do século XVIII desenvolveuse un significativo movemento industrial nesas parroquias. A enerxía hidroeléctrica e os ricos recursos forestais formaron a base para a produción de manufacturas de ferro. O primeiro taller estableceuse en Köla no ano 1744. Chamouse Adolfsfors polo herdeiro ao trono sueco Adolfo Federico. Apenas dez anos despois ampliouse o negocio e construíuse outro taller de Adolfsfors a uns centos de metros ao sur, na granxa de Nore na parroquia de Eda. Finalmente chegou a chamarse Noreborg.[5]
A finais da década de 1790 comezou a operar un taller en Häljeboda, na parroquia de Eda, e outro en Skillingmark. O que se convertería na planta industrial máis grande e o que sobreviviu durante máis tempo construíuse en Charlottenberg en 1827.
Áreas urbanas Editar
Na delimitación de áreas urbanas do Instituto Nacional de Estatística de Suecia o 31 de decembro de 2015 había catro áreas urbanas no municipio de Eda
Nr | Área urbana | Poboación |
---|---|---|
1 | Charlottenberg | 2.368 |
2 | Åmotfors | 1.347 |
3 | Koppom | 669 |
4 | Eda glasbruk | 215 |
Notas Editar
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-16.
- ↑ "Medlemmar – Grenseregionen ARKO" (en noruegués bokmål). Consultado o 2022-08-27.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Arvika tingsrätt". Bebyggelseregistret. Consultado o 22 de agosto de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Historia". www.eda.se. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Eda Skans". uppleveda.se. Consultado o 2022-08-27.