Economía de Ucraína
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Despois da Rusia, a Ucraína era de lonxe a máis importante economía da antiga Unión Soviética, producindo 4 veces máis que a república seguinte. O seu solo fértil xeraba case 1/4 da produción agrícola soviética, e as súas facendas producían grandes cantidades de carne, leite, grans e vexetais para outras repúblicas[1].
Economía de Ucraína | |
---|---|
Moeda | hryvnia |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CEI, GUAM |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 306,3 mil millóns (2010) |
Posición do PIB | 40ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 4,3% (2010) |
PIB per cápita | $ 6700 (2010) |
PIB por sector | agricultura 9,8%, industria 32,3%, comercio e servizos 57,9% (2010) |
Inflación | 9,8% (2010) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 22,06 millóns (2010) |
Forza de traballo por sector | agricultura 15,8%, industria 18,5%, comercio e servizos 65,7% (2008) |
Desemprego | 8,4% (2010) |
Industrias | carbón mineral, enerxía eléctrica, metais ferrosos e non ferrosos, máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, procesamento de alimentos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 49,71 mil millóns (2010) |
Produtos de exportación | metais ferrosos e non-ferrosos, petróleo e derivados, produtos químicos, máquinas e equipamentos de transporte, alimentos |
Principais mercados | Rusia 21,1%, Turquía 5,3%, República Popular da China 3,8%, (2009) |
Importacións | 53,54 mil millóns (2010) |
Principais produtos importados | Enerxía eléctrica, máquinas e equipamentos, produtos químicos |
Principais mercados | Rusia 28%, Alemaña 8,6%, República Popular da China 6,1%, Casaquistán 4,9%, Polonia 4,9% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 97,5 mil millóns (2010) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Ucraína ten uns 40 millóns de hectáreas de terreo agrícola (70 % do país), sendo a agricultura a que xera as máis importantes exportacións.[3] A explotación intensiva dos solos negros e fértiles do cinto agrícola ucraíno tornaron o país nun gran produtor de trigo e remolacha. Outros cultivos importantes son: cebada, millo, leguminosas, pataca, avea, centeo, paínzo e trigo sarraceno. Os principais cultivos industriais son os de remolacha e de semente de xirasol. Cultívanse tamén froitas e hortalizas nos arredores das grandes cidades. A cría de gando bovino e suíño dáse en todo o pais.
Ucraína conta con ricos xacementos de manganeso no Donbás. Esa rexión é o centro industrial do país e un dos principais complexos mineiro-metalúrxicos e de industria pesada da Europa. Ucraína é tamén un importante produtor de gas natural e de petróleo, aínda que as reservas deses combustíbeis fósiles teñan sido excesivamente explotadas durante o período soviético.
O Donbás presenta tamén industrias metalúrxicas altamente desenvolvidas, que producen ferro e aceiro en grandes cantidades.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 The World Factbook Arquivado 09 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 15 de marzo 2011
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-13.